"Demetrio" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, iniciador no seu país dunha narrativa na que a psicoloxía cedía ante a exposición dos problemas colectivos. Escribiu, entre outras obras, as novelas Don Goyo (1933), Madrid, reportaje novelado de una retaguardia heroica (1937), El secuestro del general (1973), Jaguar (1976) e as pezas teatrais Lázaro (1941) e Trilogía ecuatoriana (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Medicina, fillo de Juan José Barcia Goyanes. Doutorouse na Universidade de València, acadou a cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1975 ocupa a cátedra de Psiquiatría da Universidad de Murcia e o posto de xefe de servizo do Hospital General. Membro de numerosas sociedades científicas, foi presidente da Sociedad Española de Psiquiatría e do Grupo para el Progreso de la Psiquiatría. Entre os máis de douscentos traballos publicados, cómpre destacar Tratado de Siquiatría, obra que consta de tres volumes e que foi escrita en colaboración con C. Ruiz Ogarra e J. J. López Ibor. Foi o director de dúas revistas médicas sobre Psiquiatría: Anales de Siquiatría e Siquiatría Dinámica e Sicoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego. Cultivou o retrato. Atribúeselle unha estatua da sacerdotisa Lisímaca e unha Minerva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto grego. Foi un dos construtores do novo templo de Ártemis en Éfeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de varios príncipes de Rusia. Demetrio I Alexandrovič (1219-1294), herdou o título de gran príncipe no 1276 e reinou ata que foi destronado polo seu irmán Andrés, en 1293. Demetrio II Mikhailovič, foi asasinado polos tártaros da Horda de Ouro no 1325. Demetrio III Konstantinovič (1303-1363), gobernou entre 1359-1363. Demetrio IV Donskoj (1349-1389), gran príncipe de Moscova (1359-1389) e de Vladimir-Suzdal’ (1362-1389), fillo de Iván II o Doce. Reinou coa axuda da Igrexa e do metropolitano Aleksej. Loitou contra os mongois, e iniciou en Moscova a construción do Kremlin. Demetrio Ivanovi č (1583-1591), fillo menor de Iván IV o Terrible. Desterrado coa súa familia, morreu en estrañas circunstancias; como se ocultou o feito, apareceron varios falsos Demetrios que se fixeron pasar por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e humanista bizantino. Foi secretario privado de Xoán VI Cantacuceno. Escribiu obras dogmáticas e polémicas, e traduciu ao grego a Summa de san Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e filósofo peripatético. Membro do grupo democrático e antimacedonio, gobernou Atenas despois da súa conquista por Casandro (317 a C - 307 a C). Derrocado por unha revolta, fuxiu da cidade e refuxiouse en Alexandría na corte de Ptolomeo I Soter, onde iniciou a recompilación de obras da Biblioteca de Alexandría. Marchou a Tebas despois do advento de Ptolomeo II. Entre as súas obras inclúense: Lista dos arcontes, Da lexislación ateniense ou Da fortuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (294 a C? - 288 a C), fillo de Antígono I Monoftalmos. Loitou xunto co seu pai contra os outros xenerais de Alexandre o Grande. Foi derrotado por Ptolomeo I en Gaza (312 a C) e, máis tarde, por Seleuco (311 a C). No 307 a C derrotou a Casandro, que reinaba sobre Macedonia, preto das Termópilas, e conquistou Grecia. Ao ano seguinte destruíu a flota de Ptolomeo en Chipre (306 a C). Os xenerais Seleuco, Lisímaco e Ptolomeo, temerosos do poder crecente de Demetrio e do seu pai, declaráronlles a guerra e vencéronos en Ipso (301 a C). Antígono morreu nesta batalla e Demetrio perdeu as súas posesións, polo que decidiu aliarse con Seleuco (299 a C). Logo da morte de Casandro (298 a C), someteu Tesalia, Macedonia e Atenas (294 a C), pero enfrontouse con Lisímaco, rei de Tracia, e Pirro, rei do Epiro, e foi expulsado de Macedonia. Marchou a Asia e foi derrotado por Seleuco (285 a C), quen o retivo ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Siria (162 a C-150 a C), fillo de Seleuco IV Filopátor. Foi refén dos romanos durante a súa infancia pero despois fuxiu. Á súa volta recuperou o trono despois de eliminar o usurpador, o seu curmán Antíoco V. Derrotou a Ariarato, rei de Capadocia, someteu a rebelión dos macabeos, liderados por Xudas Macabeo, e emprendeu unha política de expansión. Morreu logo da súa derrota fronte á coalición dos monarcas de Pergamo, Exipto e Capadocia, aos que se uniu o pretendente ao trono, Alexandre Balas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (239 a C - 229 a C), fillo de Antígono Gonatas e neto de Demetrio I. Derrotou o Rei Alexandro II de Epiro, en Etolia (263 a C), e expulsouno de Macedonia; máis tarde, buscou unha alianza co Rei Agro de Iliria fronte a Epiro, que ameazaba Macedonia. Vencido trala invasión dos dárdanos, morreu pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Siria (145 a C - 125 a C) e fillo de Demetrio I de Siria. Enfrontouse ás revoltas de Antíoco VI (145 a C - 142 a C) e Trifón (142 a C - 139 a C). Capturado polos partos durante unha campaña (139 a C), contou coa súa axuda para eliminar o seu irmán Antíoco VII (129 a C) e recuperou o poder ata que Alexandre II o derrotou diante de Damasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Siria (95 - 88 a C). Impúxose a Antíoco X coa axuda de Exipto e repartiu o reino co seu irmán Filipo, co que se puxo a mal máis tarde. Morreu en catividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do trono ruso (1605-1606). Identificouse co monxe Grigorij Otrep’ev, quen, sostido por un exército de polacos, cosacos e nobres, usurpou a identidade do herdeiro de Iván o Terrible, Demetrio Ivanovič, morto en 1591. Derrotouno Boris Godunov (1605), pero, trala morte deste, foi proclamado tsar. O seu catolicismo e a súa vinculación a Polonia desamigárono co clero ruso. Morreu asasinado no Kremlin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Procónsul romano. Foi martirizado en Salónica baixo Maximiano (306) por facer proselitismo cristián entre os pagáns. É patrón de Salónica, onde se lle dedicou unha igrexa de cinco naves (s V) e diversos mosaicos (s VII). É un dos megalomártires da Igrexa grega e venérase en Constantinopla e Rusia. Na iconografía represéntase como un santo guerreiro con armadura, espada e escudo. Nos iconos gregos represéntase alanceando un dragón, ao igual que san Xurxo en Occidente. A súa festividade celébrase o 26 de outubro en Oriente e o 8 de outubro en Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Δημ ή τριος, latinizado en Demetrius ‘dedicado a Deméter, deusa da agricultura’. Presenta como hipocorístico a forma Deme. Levaron este nome varios príncipes rusos e doutros países eslavos. San Demetrio (s IV), un dos grandes mártires da Igrexa grega, é patrón de Salónica. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Foi deputado polo Partido Progresista na provincia de Ourense durante o Bie-nio Progresista (1854-1856). Elixido de novo deputado para o período 1858-1863, formou parte da Unión Liberal pero pronto abandonou este grupo e formou parte da minoría progresista. Foi reelixido deputado en 1869 e 1872 e senador durante a lexislatura 1881-1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Carlos Estrada, comezou interpretando teatro en Arxentina, con obras como Cita en Seulis, Viaje de un largo día hacia la noche e La luna es azul, ademais de participar en radioteatros e fotonovelas. En España realizou a súa interpretación máis importante en La tía Tula (1964). Participou nos filmes Su seguro servidor (1954), El rufián (1961, premio ao mellor actor do ano do Instituto de Cinematografía), Humo de marihuana (1968), Los muchachos de antes no usaban gomina (1969), Paño verde (1973), Los drogaditos (1979), Sin querer, queriendo (1985), El cóndor de oro (1995) e Comisario Ferro (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oftalmólogo. Catedrático de Cirurxía Oftalmolóxica no Hospital Clínico e Provincial da Universitat de Barcelona, e membro do Consello Europeo de Oftalmoloxía, exerceu como xefe do servizo de Oftalmoloxía no Hospital Xeral de Galicia. Interesado polas alteracións retinianas, foi o introdutor do láser Excimer en España, que ofreceu importantes vantaxes á cirurxía da córnea. Colaborador de diversas publicacións especializadas, é autor de Contribución personal al conocimiento de la retinopatía de la hipertensión arterial (1971) e coautor dos libros El herpes simplex ocular (1990), Ojo seco (1993), Síndrome de sequedad ocular (1993) e do Dicionario terminológico de oftalmología (1994). Membro da Real Academia de Medicina de Galicia, recibiu, entre outros, o premio extraordinario da Fundación Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO