Demetrio

Demetrio

Nome de varios príncipes de Rusia. Demetrio I Alexandrovič (1219-1294), herdou o título de gran príncipe no 1276 e reinou ata que foi destronado polo seu irmán Andrés, en 1293. Demetrio II Mikhailovič, foi asasinado polos tártaros da Horda de Ouro no 1325. Demetrio III Konstantinovič (1303-1363), gobernou entre 1359-1363. Demetrio IV Donskoj (1349-1389), gran príncipe de Moscova (1359-1389) e de Vladimir-Suzdal’ (1362-1389), fillo de Iván II o Doce. Reinou coa axuda da Igrexa e do metropolitano Aleksej. Loitou contra os mongois, e iniciou en Moscova a construción do Kremlin. Demetrio Ivanovi č (1583-1591), fillo menor de Iván IV o Terrible. Desterrado coa súa familia, morreu en estrañas circunstancias; como se ocultou o feito, apareceron varios falsos Demetrios que se fixeron pasar por el.