"Deucalión" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Fillo de Prometeo e Clímene. Cando Zeus decidiu destruír a raza dos mortais, os homes da Idade de Bronce, envioulles un diluvio para que afogasen. Entón Deucalión e a súa esposa Pirra, aconsellados por Prometeo, construíron unha barca e refuxiáronse nela. Ao cabo de nove días chegaron a Tesalia; por seren xustos conseguiran sobrevivir á desfeita. Daquela, Zeus, por mediación de Hermes, ofreceulles a oportunidade de pedir un desexo. Como Deucalión quería ter compañeiros, Zeus ordenoulles que botasen pedras (símbolo dos ósos da nai Terra) por enriba dos seus ombreiros; deste xeito, todos os callaos que botou o heroe transformáronse en homes e de cada rocha que guindou Pirra naceron as mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de poesía publicada en Ciudad Real polo Departamento Provincial de Seminarios. De tendencia surrealista, estaba dirixida polo poeta Ángel Crespo. Para as súas colaboracións contaba cun grupo de poetas integrado por Gabino Alejandro Carriedo, Federico Muelas e Miguel Labordeta. A estes sumáronse, posteriormente, Antonio Fernández Molina, Antonio Leyva Fernández, Gabriel Celaya, Manuel Pinillos e Manuel Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO