Comarcas de Galicia

Comarcas de Galicia
[PUBLIC]

Revista en galego que saíu no outono de 1996 en Santiago de Compostela, editada pola Área de Comunicación da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal. Dirixida por Roberto Ledo, contaba con Pablo Santiago na súa redacción. Os seus colaboradores pertencían ás xerencias das Fundacións para o Desenvolvemento Comarcal. De carácter socioeconómico, acollía temas relacionados co desenvolvemento ou coa potenciación dun determinado territorio.