Comarcal, O
Xornal mensual dirixido por Ángel Torre Iglesias que comezou a editar en febreiro de 1999 a empresa Breamo Comunicación S L. Cunha tiraxe de tres mil exemplares, ten como ámbito de influencia os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Ares, Mugardos, Cabanas, A Capela, Pontedeume, Miño, As Pontes de García Rodríguez, Monfero e Vilarmaior. Conta coa colaboración de Xavier Alcalá, Xoán Rubia, Silvia Nieto Matamoros e Eugenio Pena, entre outros. Especializada en información local e comarcal, aborda a actualidade das comarcas de Ferrolterra e do Eume, e presta especial atención ás cuestións de índole social e política. Consta dunha serie de seccións dedicadas a cada un dos concellos, acompañadas dun apartado cultural e dunha sección deportiva que informa sobre os clubs de base.