"Diario 16" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
DIARIOS
Diario de información xeral fundado en Madrid o 16 de outubro 1976 polo Grupo 16. Trátase dunha das publicacións máis destacadas e emblemáticas da transición española. Dirixírono Ricardo Utrilla, Miguel Ángel Aguilar, Pedro J. Ramírez (1980-1989), Enrique Badía (1989-1990), Justino Sinova (1990-1992), José Luis Gutiérrez (1992-1996), Juan Tomás de Salas, Alfredo Vara (1998), Iñaki Torres (1998-1999), Luis Ventoso (1999-2001), Ángel García (2001) e Enrique Clemente (2001). Nos anos noventa mantiña unha tiraxe media de 60.000 exemplares, que descendeu ata os 24.700 no ano 2001. A partir de 1989, baixo a dirección de Enrique Badía lanzou as cabeceiras Diario 16 de Galicia e Diario 16 de Burgos. A elas sumáronse Diario 16 Castilla-La Mancha, Diario 16 Andalucía, Diario 16 Aragón, Diario 16 Valencia, Diario 16 Málaga e Diario 16 Murcia. Despois dunha pequena crise, á que se engadiu a dimisión do seu director provisional...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral que apareceu en Vigo o 24 de xuño de 1989, editado polo Grupo 16. Deixou de publicarse en 1994. Dirixido por Segundo Mariño, nas súas páxinas de opinión incluíronse algúns textos en galego de diversos escritores e intelectuais galegos. Acompañando o xornal editou os suplementos Biosfera, Coñecementos, Cuadernos, Culturas, Dossier 16, As Economías, El Figaro Magazine, Galicia mariñeira, Gente, Libros, Náutica y Golf, Saúde, Terra e Toda unha vida. No apartado cultural inseriu os suplementos semanais Artistas e Galicia literaria. Este último estaba dirixido por Manuel Forcadela e Xosé R. Pena. Contou coa colaboración de numerosos investigadores das letras galegas, que trataban aspectos relacionados coa crítica literaria, a literatura de viaxes, o ensino da literatura, os clásicos, o vangardismo, os premios literarios, etc. Incluíronse ademais algunhas entrevistas a persoeiros da cultura e das letras de Galicia e, á parte, unha...