"Dijon" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Patrón da cidade francesa de Dijon. Sendo sacerdote de Esmirna (Asia Menor), foi enviado polo seu mentor, san Policarpo, a evanxelizar Galia. Desembarcou en Marsella e dirixiuse a Autun conducido por un anxo. Ao chegar a Dijon, negouse a participar nun sacrificio a Xúpiter que ofrecía o gobernador Aureliano, desobediencia que sería a causa dun longo martirio. Primeiro foi azoutado cunhas correas pero un anxo curouno. Logo obrigárono a comer as carnes dos sacrificios e metéronlle entre as uñas dos dedos ferros quentes. Encerránono, seguidamente, xunto con doce cans famentos, pero seis días despois atopárono deitado no seu leito tranquilamente. Os verdugos, buscando un suplicio ao que fose vulnerable, metérono nunha artesa de pedra con chumbo fundido, partíronlle o colo cunha barra de ferro e traspasáronlle o peito con dúas lanzas entrecruzadas. A lenda remata relatando que cando a súa alma saíu do corpo, os cristiáns de Dijon viron unha pomba branca voar cara ao ceo. É patrón da cidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Côte-d’Or, na Borgoña, Francia, na marxe esquerda do río Saône (151.600 h [2000]). Gracias á súa situación xeográfica, exerce unha ampla influencia sobre un espazo moi grande, entre a conca parisina e as metrópoles de Lorena e Alsacia. As actividades industriais lograron consolidar unha produción moi diversificada, que vai desde a industria eléctrica e electrónica á mecánica. Ademais, nos últimos anos beneficiouse das achegas do turismo. Durante a revolución comercial do s XI alcanzou unha grande importancia a causa da súa situación. En 1015, en tempos de Roberto o Piadoso, integrouse no ducado de Borgoña, do que foi capital. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de Saint-Benigne, construída no s XIV, pero que conserva unha cripta do s XI, a igrexa de Notre-Dame (s XIII) que conserva a Jacquemart ou torre do reloxo, e a igrexa renacentista de Saint-Michel (s XV). Entre os edificios civís dos ss XIV e XVI que se conservan destaca o Palais Ducal,...
VER O DETALLE DO TERMO