"Dinis" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Poeta. De tendencia neoclásica, foi un dos fundadores da Arcadia Lusitana. Unha parte das súas obras publicáronse en Lisboa en seis volumes (1807-1817).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Pseudónimo de Joaquim Guilherme Gomes Coelho. Estudiou medicina e a maior parte da súa obra inspirouse no mundo campesiño, aínda que foi coñecido como o novelista da burguesía de Porto, que tiña as súas raíces na cultura británica. En 1866 publicou en Jornal do Porto, por entregas, a novela As pupilas do senhor reitor, que se editou en libro ao ano seguinte. Publicou Unha família inglesa (1868), A morgadinha dos canaviais (1868) e Os fidalgos da casa mourisca (1871), contos publicados en Jornal do Porto e reunidos posteriormente no volume Serões da província.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización político-militar creada en Nicaragua en 1961 coa finalidade de derrocar o réxime de A. Somoza. Intégrase dentro do movemento do sandinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aloración ou interpretación da obra de Antoni Gaudí. Distínguense tres actitudes fundamentais: a dos que a entenden como un maxisterio máis relixioso ca arquitectónico ou artístico, representado polos continuadores da Sagrada Familia; a dos que a valoran principalmente como a creación dun estilo e dunha teoría da arquitectura persoais, elaborada teoricamente por Joan Rubió i Bellvé e seguida por Cèsar Martinell e J. M. Jujol, entre outros; e a dos que a valoran basicamente polos aspectos máis universais da súa forma de traballo, a arquitectura como un intenso esforzo tripla de investigación, de invención e de creación constante, e pola súa integridade moral e profesional, representada por Le Corbusier e pola maior parte da arquitectura avanzada do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político revolucionario nicaraguano iniciado por Augusto César Sandino. Á morte deste (1934), o movemento mantívose arraigado no pobo e cristalizou cara a 1960 no Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSNL), que tomou o poder en 1979, ao derrocar a ditadura de A. Somoza, e en 1986 introduciu a primeira constitución do período. Foi derrotado en 1990 pola Unión Nacional Opositora (UNO) encabezada por Violeta Chamorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sandinismo.

    2. Partidario ou seguidor do sandinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO