gaudinismo
(< antropónimo A. Gaudí)
aloración ou interpretación da obra de Antoni Gaudí. Distínguense tres actitudes fundamentais: a dos que a entenden como un maxisterio máis relixioso ca arquitectónico ou artístico, representado polos continuadores da Sagrada Familia; a dos que a valoran principalmente como a creación dun estilo e dunha teoría da arquitectura persoais, elaborada teoricamente por Joan Rubió i Bellvé e seguida por Cèsar Martinell e J. M. Jujol, entre outros; e a dos que a valoran basicamente polos aspectos máis universais da súa forma de traballo, a arquitectura como un intenso esforzo tripla de investigación, de invención e de creación constante, e pola súa integridade moral e profesional, representada por Le Corbusier e pola maior parte da arquitectura avanzada do s XX.