"Dios" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 110.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde de peixes fósiles da subclase dos placodermos que viviron no Paleozoico, do período Silúrico ao Pérmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que descoida o seu aspecto e desatende as súas obrigas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Xohana Torres publicada en 1971 por Galaxia, premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires. A acción céntrase en Maxa, narradora-protagonista de 15 anos, constitúea un monólogo interior que reflicte a posguerra e a emigración cun estilo fresco e sinxelo. A narración non é lineal, senón psicolóxica, en función dos recordos que evocarán unha situación determinada. A acción proxéctase tanto no pasado como no futuro e mesmo nun presente que vén de acabar, a xeito de diario. A novidade da obra radica no protagonismo dunha personaxe feminina (adolescente a maiores) e en que se reflicte a educación e o papel da muller na sociedade da época. A obra está marcada pola emigración e as súas consecuencias en dúas dimensións: o éxodo rural e a emigración exterior. Maxa retrata a sociedade, pero non a denuncia, simplemente pon de manifesto unha realidade inevitable. Ela e os máis desprotexidos serán as víctimas. Asumirá papeis que non lle corresponden dentro dun mundo de adultos, marcada pola...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus lucense, que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba o territorio próximo a Viveiro, posiblemente sería Lambris. Debido a dúbidas e discrepancias entre os diferentes estudiosos dos populi, este pobo aparece ás veces co nome de aedos e, mesmo, bedios.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego anual editada en Vigo dende 1992 pola editorial Galaxia, e especializada na investigación da literatura galega. Dirixida por Xoán González-Millán dende Nova York e por Dolores Vilavedra dende Galicia, contaba coa colaboración de Ramiro Fonte, Xosé R. Pena, Damián Villalaín, Manuel Vieites e Helena González, entre outros. Incluía as seccións: “Estudios”, “Comunicacións”, “Panorámicas”, “Compendio bibliográfico anual” e “Libros”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación formada polas centrais de medios de España que pretende unificar os proxectos de formación e defensa dos intereses das empresas asociadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación encargada de organizar, anualmente, os premios AMPE de publicidade. Está formada pola maioría dos medios de comunicación españois.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade causada polo protozoo Balantidium coli, que ocasiona dor abdominal, vómitos, diarrea, debilidade e adelgazamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espora, propia dos fungos da subdivisión basidiomicotina, que se produce nun basidio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación anual editada polo Instituto de Estudios Vigueses, dependente da Fundación Provigo y su Área. Trátase dunha colección de artigos en lingua galega ou castelá recollidos baixo o epígrafe de Boletín Glaucopis. O seu primeiro número saíu no ano 1995 en Vigo. No seu limiar, o director do Instituto, Andrés Martínez-Morás y Soria, afirmaba a súa vontade de contribuír a un mellor coñecemento de Vigo, achegando diversa información aos vigueses e non vigueses, e facendo especial fincapé na historia da cidade. A Historia, a Arqueoloxía, a Toponimia, a Arquitectura, a Fotografía e a Filoloxía son algunhas das materias tratadas nos seus artigos. Entre os seus colaboradores figuran Xosé M. Souto González, Xoán C. Abad Gallego, Gerardo Sacau Rodríguez, Gerardo González Martín, Fernando J. Costas Goberna, Elisa Pereira García e Bernardo M. Vázquez Gil. Entre algúns dos seus artigos destacan “Vigo: problemas xeográficos e coñecemento da nosa realidade” (nº1, 1995), “As marcas nos muíños...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cardiopatía isquémica crónica caracterizada por unha esclerose difusa do miocardio. Adoito se produce como consecuencia da oclusión arteriosclerótica das coronarias. Clinicamente, pódese manifestar como unha insuficiencia ventricular esquerda ou cardíaca total, unha anxina de peito, trastornos do ritmo cardíaco ou como unha arritmia completa; ás veces, só determina alteracións no electrocardiograma, clinicamente asintomáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contractura espasmódica do cardia que dificulta ou imposibilita o paso dos alimentos do esófago ao estómago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estenose do cardia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que estimula a actividade funcional do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo Sargadelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1902 froito da confluencia entre os ideais dos medios libertarios coruñeses e os do republicanismo local, particularmente os de ideario federal. Entre os seus animadores cómpre salientar, ademais dos membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, como Xosé Sanjurjo ou Marcial Lores, a futuros edís republicanos, como Eduardo Corral, ou federalistas, como Eduardo López Budén. Aínda que a Germinal sempre se identificou co ideario libertario, tamén formaron parte das súas directivas sindicalistas da CNT, como Xoán No, Benito Couceiro, Manuel Montes ou Xacinto Méndez, e progresistas, como Luís Huici, que presidiu o Centro no ano 1932. Dende 1906 intelectuais como Uxío Carré e Anxo del Castillo fixeron posible a colaboración do Centro coa Universidade Popular; así xurdiu a posibilidade da transmisión de coñecementos ás clases populares coruñesas. Germinal, caracterizada pola convivencia de persoas con diferentes idearios, defendía o respecto aos principios do laicismo, a xustiza,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1955 polo cardeal Quiroga Palacios co obxectivo de converter Santiago de Compostela nun foco de cultura relixiosa e ciencia eclesiástica. Con axuda do cóengo e profesor do seminario compostelán, Manuel Rey Martínez, o centro organizou varios congresos de ciencias eclesiásticas e estudios xacobeos, amais da publicación da revista Compostellanum, composta por catro fascículos anuais, dous dedicados aos estudios xacobeos e outros dous relacionados coa ciencia eclesiástica. Nun principio esta institución financiouse coas axudas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), pero despois pasou a depender economicamente da diocese, polo que se reduciu o número de publicacións, congresos e demais actividades. A revista Compostellanum continuou a publicarse con certa regularidade, aínda que diminuíu o número de fascículos anuais e a súa temática centrouse máis nos estudios xacobeos. A este centro de estudios estiveron vinculados eclesiásticos, como Pérez Millán,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos henodóntidos, que existiron a finais do Pérmico, de ata 60 cm de lonxitude e de pescozo longo. Alimentábanse na beiramar e desprazábanse con movementos ondulantes da parte posterior do corpo. Os xacementos máis importantes están en Madagascar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza parasitaria producida por coccidios, especialmente dos xéneros Efimeria e Isospora, que se manifesta pola aparición de diarreas, con frecuencia hemorráxicas, anemia e perda de peso. Aféctalles, sobre todo, a animais novos de gando bovino e ovino, galiñas e coellos. Excepcionalmente, pode contraela o ser humano ao inxerir carne pouco cociñada de animais infectados.