"Dobarro" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica barro e mais a preposicion de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe.
-
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), realizou cursos de especialización en pintura e escultura na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (1996). Dende 1998, residiu en Italia, onde traballou para as galerías de Padua e Perugia, e na organización de exposicións. Dirixiu as súas investigacións aos temas relacionados coa morte e a maternidade. Seleccionárono para a Exposición Internacional de Pintura, I Salón de Outono da Cidade da Coruña (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela, defendeu en 1974 a tese de licenciatura sobre a fala de Cabalar (A Capela) e en 1975 iniciou a docencia como profesor de lingua galega no Colexio Universitario da Coruña, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1979 finalizou os estudios de Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués) e un ano máis tarde defendeu a tese de doutoramento sobre Alberto Camino. En 1984 pasou a ser profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e en 1993 catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. Foi subdirector do Colexio Universitario da Coruña (1985-1990), director do departamento de Filoloxía Francesa e Galego-Portuguesa (1990-1993) e decano da Facultade de Filoloxía (1995-1998). Así mesmo, foi vicepresidente da Mesa do Claustro da Universidade de Santiago de Compostela, relator en congresos nacionais e internacionais, e profesor visitante...
VER O DETALLE DO TERMO