"Doncos" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello da comarca dos Ancares. No Antigo Réxime, Doncos era unha xurisdición da provincia de Lugo que abranguía as parroquias de Doncos e Nullán. Nos primeiros períodos de vixencia do municipalismo (1812-1814, 1820-1823 e 1835-1840) este territorio constituíuse en concello. En outubro de 1840, a Deputación de Lugo acordou a unión cos concellos veciños de Noceda e As Nogais. En 1845 mudou o seu nome polo das Nogais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica que se documenta no s XVIII: “Juan de Doncos” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 157).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu aos Valcárcel e en 1603 a Fernando de Toledo. Só conserva a torre da homenaxe, construída con cachotería de lousa. Ten planta cadrada con tres alturas e soto. Conserva a porta de acceso formada por un arco de medio punto. Foi escenario da lenda da Anca que narra a historia dun dos trece cabaleiros cristiáns de León que, obrigados a defender os cristiáns coas armas, viu como unha parella era atacada polos musulmáns. Un deles tentou fuxir coa muller montada na anca do seu cabalo e ao ver os cabaleiros, cortou a cabeza da muller para que ninguén puidese liberala. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu ao ducado de Alba. De estilo neoclásico, edificouse no s XIX. Ten planta rectangular con dúas alturas e soto. Conserva unha capela exenta neoclásica na que destaca a cúpula do presbiterio e un pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Nogais. Fundada polo conde de Ayala e Monterrey en 1610, sufriu o asalto dos franceses en 1809. De planta rectangular, ten unha nave, con cuberta a dúas augas, e un presbiterio de maior altura cuberto cunha bóveda de aresta. O retablo maior é neoclásico cunha imaxe de Santiago peregrino. Conserva unha capela lateral, realizada segundo unha inscrición no ano 1628, cun arco rebaixado, unha bóveda de canón e cun retablo barroco con columnas salomónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO