Doncos, castelo de ou torre de Santo Agostiño ou da Anca

Doncos, castelo de ou torre de Santo Agostiño ou da Anca

Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu aos Valcárcel e en 1603 a Fernando de Toledo. Só conserva a torre da homenaxe, construída con cachotería de lousa. Ten planta cadrada con tres alturas e soto. Conserva a porta de acceso formada por un arco de medio punto. Foi escenario da lenda da Anca que narra a historia dun dos trece cabaleiros cristiáns de León que, obrigados a defender os cristiáns coas armas, viu como unha parella era atacada polos musulmáns. Un deles tentou fuxir coa muller montada na anca do seu cabalo e ao ver os cabaleiros, cortou a cabeza da muller para que ninguén puidese liberala. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

Palabras veciñas

Doncos | Doncos | Doncos | Doncos, castelo de ou torre de Santo Agostiño ou da Anca | Doncos, pazo de ou Saavedra ou casa da Súa Excelencia | Doncos, Santiago de | dondo -da