Doncos

Doncos

Antigo concello da comarca dos Ancares. No Antigo Réxime, Doncos era unha xurisdición da provincia de Lugo que abranguía as parroquias de Doncos e Nullán. Nos primeiros períodos de vixencia do municipalismo (1812-1814, 1820-1823 e 1835-1840) este territorio constituíuse en concello. En outubro de 1840, a Deputación de Lugo acordou a unión cos concellos veciños de Noceda e As Nogais. En 1845 mudou o seu nome polo das Nogais.