doncela
(
-
s
f
[LIT]
-
Moza nova que aínda está solteira.
-
Muller que conserva a súa virxindade. Na Idade Media, indicaba unha muller moza e, seguramente, solteira. Ademais, rexístrase co valor secundario de muller virtuosa e incluso muller virxe (sobre todo nas Cantigas de Santa María de Afonso X), que se conserva actualmente como principal.
-
-
s
f
Criada que serve directamente á señora e que fai os labores que non teñen que ver coa cociña.
Ex: Unha doncela servía o café.
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño, de ata 25 cm de lonxitude, co corpo alongado, esvelto e lixeiramente comprimido, cuberto de escamas moi pequenas. Posúe un fociño longo e aguzado rematado nunha boca pequena provista dun par de ringleiras de dentes agudos que na parte anterior están curvados cara a fóra; a cabeza e os ollos son relativamente pequenos en relación co corpo. A aleta dorsal é longa e uniforme nos exemplares novos e nas femias, pero cos tres primeiros raios máis longos nos machos adultos. As aletas pectorais son moi móbiles, as aletas pélvicas son pequenas e a aleta caudal ten forma arredondada. O macho é de cor amarela verdosa, cos flancos alaranxados percorridos por unha serie de bandas verticais de cor máis escura, que van, aproximadamente, dende a metade do corpo ata a cola. A femia ten o dorso de cor acastañada ou vermella e a zona ventral branca; polos flancos discorre unha banda marrón ou amarela bordeada de branco. Estas coloracións poden variar segundo a profundidade. Vive en fondos rochosos do litoral cunha boa cobertura de algas ou en praderías mariñas sobre fondos areosos onde pode permanecer durante o día enterrado e de onde saca a cabeza á espreita de presas durante a noite. No inverno, para protexerse dos temporais, pode descender a augas máis profundas e acadar os 120 m baixo a superficie do mar. Aliméntase principalmente de anélidos, moluscos, crustáceos e equinodermos. Forma grupos pequenos nos que predomina un macho que, no período reprodutor, a principios do verán, mantén a aleta dorsal estendida para marcar o seu dominio sobre as femias. Todos os animais comezan sendo femias e, ao medrar, vólvense machos. Os ovos son peláxicos e forman parte do zooplancto. Os exemplares novos préstanse a limpar de parasitos a outros peixes de maior tamaño. Vive no Atlántico nororiental, e chega ata as illas británicas, así como no Mediterráneo e no Mar Negro. É unha especie apreciada polo home como alimento.
Refráns
- A doncela debe ter a súa nai cabo dela.
- A que é doncela, sábeo Deus e máis ela.