Doncel
Doncel
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume caracterizador. Etimoloxicamente, este derivaría do latín dominicĕllu, diminutivo de domĭnu ‘don, señor’, que xa se emprega en latín como cognome. Documéntase no s XII: “Petrus Dunzel” (doc ano [1152] en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 130).