"Donostia" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital do territorio de Gipuzkoa, na Comunidad Autónoma del País Vasco, á beira do Mar Cantábrico (176.908 h 1996).
    Xeografía
    O núcleo orixinal da cidade foi o porto situado sobre o istmo, ao pé do monte Urgull, no extremo oriental da baía de La Concha. A posterior expansión urbana levouna no s XIX ata a canle do río Urumea, que traspasou na segunda metade do s XX. En 1854 converteuse en sede das delegacións gobernamentais no territorio de Gipuzkoa, asimilado ao réxime xeral de administración provincial. A función administrativa e, sobre todo, a orientación cara a actividades turísticas, dinamizaron a cidade. A inauguración do casino en 1882 e as estadías de verán da familia real no Palacio de Miramar convertérona nun dos principais centros estivais da Península. O peche do Gran Casino pola prohibición do xogo en 1924 supuxo unha paréntese para o turismo, que se recuperou trala Guerra Civil. Nas décadas posteriores á guerra, desencadeouse un forte proceso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Gonzalo Zulaica Arregui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico anual que se celebra na cidade de Donostia desde 1953. A súa organización está a cargo dunha sociedade integrada a partes iguais polo Eusko Jaurlaritza (Gobierno Vasco) a Gipuzkoako Foru Aldundia (Diputación Foral de Guipúzcoa), o Donostiako Udala (Ayuntamiento de San Sebastián), e o Ministerio de Educación e Cultura, e preside esta sociedade o alcalde de Donostia-San Sebastián. Ata mediados da década dos 50 non se consolidou como festival de categoría internacional. Moitas son as categorías que se premian, aínda que destacan os premios da Concha de Oro, Concha de Plata, Premio Donostia e Premio de la Crítica Internacional. Ao longo dos anos premiáronse coa Concha de Oro e coa Concha de Plata distintas producións, entre as que cómpre salientar Vertigo (1958), de Alfred Hitchcock; One-Eyed Jacks (1961), de Marlon Brando; America, America (1964), de Elia Kazan; The Rain People (1969), de Francis Ford Coppola; Paper Moon...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Donostia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Donostia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación coral que se creou en Donostia en 1897. Inicialmente estaba composto por vinte voces masculinas, ás que posteriormente se lle uniron voces femininas. Desde a súa creación foi dirixido por Luzuriaga, Oñate, S. Esnaola (1902-1929), J. Gorostidi (1929-1968), A. Ayestarán (1968-1986) e J. A. Sáinz Alfaro (desde 1986). Destaca especialmente polo seu repertorio de canto tradicional vasco, sen desbotar a zarzuela, a música coral e as óperas, o que lle valeu estar considerada como unha das principais formacións corais afeccionadas de Europa. Actuou nas principais cidades europeas como Bordeos (1951), París (1957), Edimburgo (1962), Berlín (1973), Londres (1980), Roma (1987), Madrid (1993), Salzburgo (1999) e Berlín (2001), e conta no seu haber con máis de 100 gravacións. Recibiu o Grand Prix d’Honneur de París (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO