"Draco" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo electrónico constituído por un triaco e un diaco encapsulados conxuntamente, de xeito que se pode conectar nun circuíto de corrente alterna e accionar directamente sen necesidade de ningún elemento auxiliar de disparo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da familia dos agámidos, de ata 25 cm de lonxitude. Caracterízanse por presentar unha pregadura cutánea que, ao estendela, grazas a unhas costelas extremadamente longas, serve para realizar voos planadores entre as árbores das selvas tropicais onde habita. Estas extensións cutáneas son de cores vistosas, pola parte superior -amarelas, laranxas ou vermellas- e, as máis das veces, de cores claras -azuis- con puntos brancos ou negros, por debaixo. Permanecen na copa das árbores a maior parte da súa vida e só as femias descenden ao nivel do chan para realizar a posta. Existen 16 especies entre as que destacan: D. melanopogon, distribuída por Malaca, Sumatra e Borneo; D. volans, presente en Filipinas e dende Malaisia ata Indonesia; e D. dussumieri, propia da India meridional. Reciben a denominación popular de dragóns voadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación do Dragón.
-
PERSOEIRO
Lexislador ateniense. Membro da maxistratura dos tesmotetes, ao redor do 621 a C recibiu o encargo de confeccionar e rexistrar nun código os delitos e as penas que debían regular as relacións xurídicas da sociedade. Estableceu penas de gran dureza que se debían aplicar a todos os cidadáns como un xeito de frear a arbitrariedade dos xuíces da oligarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta latino e xurista. De familia nobre e cristiá, a súa obra poética inscribiuse dentro da tradición pagán-cristiá africana. Escribiu De laudibus dei, Romulea, unha recompilación de poemas, e Satisfactio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Dracón ou ás leis promulgadas por el.
-
Aplicase á lei ou medida que se caracteriza por unha severidade ou rigorosidade excesiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resina de cor amarela brillante que se extrae de diferentes árbores, como a Calamus draco e o drago. É a base do sangue de drago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao movemento referido ao nodo ascendente da Lúa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dracunculose.