Dracón
Dracón
Lexislador ateniense. Membro da maxistratura dos tesmotetes, ao redor do 621 a C recibiu o encargo de confeccionar e rexistrar nun código os delitos e as penas que debían regular as relacións xurídicas da sociedade. Estableceu penas de gran dureza que se debían aplicar a todos os cidadáns como un xeito de frear a arbitrariedade dos xuíces da oligarquía.