"Drina" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 29.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insecticida agrícola que recibe o nome en honor a Kurt Alder. É un composto organoclorado, estable en presenza de álcalis e compatible coa maior parte de produtos agrícolas e fitosanitarios. Resulta velenoso para o home, por inxestión, inhalación ou absorción pola pel.
-
-
Facer de madriña ou semellante.
-
Patrocinar unha inauguración ou un acto calquera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio de talos e pólas espiñosas que pode acadar os 4 m de altura. Presenta follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes ca as follas. O froito recibe o nome de abruño. En Galicia é propio do sotobosque das carballeiras e emprégase na formación de sebes.
-
-
de apadriñar.
-
Que é apoiado ou axudado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apadriñar.
-
-
Realizar a función de padriño con algo ou alguén, na cerimonia relixiosa ou nun acto público.
-
Prestar axuda ou apoio a algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto orgánico que contén un grupo ciano e un grupo hidroxilo. Obtense por adición de ácido cianhídrico ao dobre enlace dos aldehidos ou das cetonas; o mecanismo da reacción interprétase como un ataque nucleofílico sobre un átomo de carbono polarizado positivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que, xunto coa glutina, forma parte da xelatina obtida por hidrólise parcial do coláxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo clorado que se emprega na agricultura como insecticida de contacto contra as trazas. Sólido, cristalino e de cor branca, obtense a partir da aldrina. Presenta unha alta toxicidade sobre aves e mamíferos, polo que o seu uso é cada vez máis restrinxido.
-
RIOS
Río dos Balcáns, afluente pola dereita do Sava, con 364 km de lonxitude, formado nas montañas de Montenegro pola unión do Piva e o Lim. No seu curso medio fai de fronteira natural entre Bosnia-Herzegovina e Iugoslavia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo clorado que se presenta en forma de po cristalino e incoloro. Practicamente insoluble en auga, disólvese en etanol, hidrocarburos aromáticos, ésteres e cetonas. Análogo á aldrina e á dieldrina, pero menos persistente, emprégase como praguicida principalmente en cultivos de cereais. Presenta unha enorme toxicidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que escudriña.
-
-
Intentar averiguar o maior número de detalles ocultos ou non manifestos dalgunha cousa.
-
Examinar ou mirar algo ou a alguén detidamente para descubrir algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos orgánicos que conteñen o grupo X-R-OH, sendo X un halóxeno e R un radical alquílico. Son líquidos solubles en disolventes orgánicos.
-
CIDADES
Cidade do estado de Paraná, Brasil (421.343 h [1996]). A súa economía baséase nunha importante produción de café.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Muller que presenta ou asiste no bautismo, confirmación, casamento ou orde a unha persoa e asume certo tipo de responsabilidade con ela. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia a tradición de que a avoa fose a madriña do bautizo dos netos máis vellos fai que reciba este nome como tratamento de respecto.
-
Muller que patrocina ou preside determinados actos ou cerimonias.
-
Muller que protexe ou axuda a unha persoa nos seus designios.
-
-
-
Acto de asistir como madriña.
-
Papel ou título de madriña.
-
-
-
Apelido de orixe galega que tivo o seu primeiro asentamento en Madriñán (Lalín), de onde pasou a América.
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un compás de sable.
-
-