"Drosera" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de herbáceas vivaces, da familia das droseráceas. Presenta follas con pecíolo longo que rematan nun ancheamento e se dispoñen en mouta basal. Ademais, esas follas están recubertas de grandes pelos que rematan nunhas glándulas de cor vermella que segregan unha substancia pegañenta. Nestes pelos préndense os insectos, atraídos pola cor e o cheiro, que son dixeridos para dotar a planta dun subministro de nitróxeno e fósforo. As flores pentámeras, de cor arroxada, están dispostas no extremo dun talo de ata 20 cm de alto. Os froitos en cápsula conteñen sementes aladas. Son propias de turbeiras e brañas acedas. En Galicia están presentes as especies: D. rotundifolia, as máis das veces en montañas, e D. intermedia. Como planta medicinal emprégase en infusións ou tinturas para calmar a tos, a bronquite e a farinxite. As súas propiedades baséanse nas naftoquinonas que teñen unha acción antiespasmódica. Tamén resulta antibacteriana, xa que inhibe o crecemento de bacterias...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das droseráceas.

    2. Planta da familia das droseráceas.

    3. Familia de herbáceas, da orde das nepentais, que presenta adaptacións foliares para a captura de insectos. Estas plantas, aínda que teñen capacidade fotosintetizadora, precisan dos corpos de animais, as máis das veces artrópodos, para obter nitróxeno e fósforo, feito que supón unha adaptación á vida en medios húmidos, como turbeiras, onde estes elementos son de difícil obtención para as plantas. Moitas delas teñen as follas alternas, dispostas nunha roseta basal, con glándulas que segregan substancias que permiten a dixestión das presas. Poden presentar estruturas nas que os animais quedan prendidos ao se pechar as follas sobre as que se pousan, ou mesmo quedan inmobilizados por substancias pegañentas. As flores, pentámeras e de pétalos libres, dispóñense en inflorescencias en cima e dan lugar a froitos en cápsula. A familia engloba unhas 100 especies, case todas do xénero Drosera, pero tamén hai dos xéneros Aldrovanda, planta acuática de follas verticiladas, Dionaea...

    VER O DETALLE DO TERMO