"ECL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Carta Europea do Patrimonio Arquitectónico, proclamada polo Consello de Europa no ano 1975. Estableceu a extensión do concepto de ‘patrimonio arquitectónico’ ou ‘monumento’ para o conxunto dos centros históricos das cidades e para os ambientes urbanos en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abombamento de tipo anticlinal nas áreas continentais, caracterizado polas súas grandes dimensións (de centenares ou de milleiros de quilómetros de amplitude), pola inclinación dos seus flancos (~1° de buzamento) e polo seu comportamento tectónico como elemento oposto ao pulo que provocan os dobramentos dos sinclinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento publicado no ano 1917 polo ministro de Asuntos Exteriores inglés Balfour e enviado a lord Rothschild, presidente da Federación Sionista Británica, no que se compromete a apoiar a constitución dun estado xudeu en Palestina. Esta declaración foi o punto de partida do actual estado de Israel. A declaración foi refrendada polos aliados e aprobada pola Sociedade de Nacións (1921).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción francesa dirixida por Jean Delannoy e interpretada por Jean Gabin, Micheline Presle, Jean Desailly e Blanchette Brunoy. Este filme reflicte a historia dun barón arruinado, heroe da Primeira Guerra Mundial, que dedica o seu tempo ao xogo. Un golpe de fortuna fará que gañe un iate e un millón de francos. Baseada nunha novela de G. Simenon.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso que saíu editada probablemente no ano 1866. Este boletín destinouse fundamentalmente á circulación das disposicións do prelado da cidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín relixioso de periodicidade semanal que xurdiu en Mondoñedo o 3 de maio de 1856 e que cesou en 1935. Esta publicación, redactada na secretaría da cámara, tiña como obxecto a divulgación das disposicións do prelado. Foi editado na imprenta de Perrote-Romero entre 1856 e 1878. Posteriormente, encargaríase da súa edición o Centro de Acción Social Católica. En 1913 tiña periodicidade decenal e unha tiraxe de 500 exemplares, e saía publicado co nome de Boletín Oficial del Obispado de Mondoñedo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Ourense no ano 1850, aínda que a partir de 1857 foi substituída polo Boletín Oficial de la diócesis de Orense. A Secretaría da cámara do bispado foi a encargada de fundar e dirixir esta publicación que alternaba o castelán co latín. Non houbo firmas dos colaboradores, emporiso algúns poemas levaban as iniciais: F. P. de A., M. Pardo, etc. O boletín posuía un enfoque relixioso patente nas poesías, nos actos oficiais do prelado, nas pastorais ou nos artigos tirados da prensa católica. Contaba con dúas seccións “Secretaría de Cámara del gobierno eclesiástico de Orense” e “Habilitación del culto y clero de la provincia de Orense”. Nas súas follas tamén se ofrecía publicidade, principalmente de prensa e de libros católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en febreiro de 1859. Manuel Martínez de la Cruz imprimía este boletín tres veces ao mes. Tiña como propósito a divulgación das disposicións do prelado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Guarda no ano 1979. Estaba editado pola sociedade Pro-Monte de Santa Tegra. Creouse cunha finalidade turística, polo que serviu para promocionar e conservar as tradicións vinculadas ao monte Santa Tecla, ao tempo que fomentaba as solemnidades relixiosas no Santuario, a repoboación forestal ou a construción dun camiño de acceso ao cume.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación territorial eclesiástica tamén denominada Cartaxinense ou Cartaxinense Espartaria (ss VII-VIII), baseada na provincia romana civil correspondente. Toledo era a súa metrópole. Desapareceu definitivamente durante a época islámica.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, na confluencia dos ríos Alagón e Tajo (2.284 h [1996]). A agricultura (cereais e legumes) e a gandería (lanar e caprina) son as principais actividades económicas. Destaca a igrexa parroquial de Santa María del Olmo, de estilo gótico do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de persoas afeccionadas ao cine como vehículo cultural, coa finalidade de promover actividades de estudo e de difusión do medio cinematográfico. A súa orixe remóntase a 1920, en Francia. Destacou a actividade que desde 1925 se desenvolveu na Residencia de Estudiantes de Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento asociativo que ten como finalidade a difusión da arte cinematográfica. En Galicia, arredor dos anos vinte, Johán Carballeira, manifestou a súa aposta polo cineclubismo como vieiro de acceso, seguindo o exemplo madrileño do cineclub vinculado á revista La Gaceta Literaria de Ernesto Giménez Caballero, a unhas cinematografías europeas de vangarda que non tiñan espazo nas salas comerciais. De seguido, pasou a demandarlles aos empresarios máis poderosos, como no caso de Isaac Fraga Penedo, o seu apoio ao establecemento de cineclubs nas cidades galegas. Ata os primeiros anos da Segunda República non comezou o desenvolvemento dunha actividade cineclubista estable. Durante o período do Bienio Reformador (abril de 1931-novembro de 1933), a exhibición en versión orixinal de películas soviéticas e tamén doutros grandes filmes europeos do momento atopou un oco, malia a introdución da dobraxe, en determinadas salas galegas no medio da programación convencional, grazas ao labor dalgúns distribuidores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración contraria á que xa fixo outra persoa.
-
-
-
Acción de declamar.
-
Arte vogal do actor relacionada coa oratoria e coa dición, ou forma de dicir un texto atendendo a diversos factores, como a elocución, o ritmo, a entoación ou a intención. A dicción pode ter unha tonalidade realista e a declamación estaría máis relacionada coa interpretación naturalista, ou cunha tonalidade máis melódica ou rítmica, a miúdo debedora das características métricas e fónicas do verso ou da frase, e acompañada dunha expresión xestual rica en movementos amplos e enérxicos, co que a declamación aparece asociada á interpretación artificial e ampulosa. Nos tratados clásicos figuraba como parte da actio, a quinta parte da retórica, na que se executaba o texto perante o auditorio. Na Roma antiga, o nome aplicábaselles igualmente aos exercicios de composición e de recitación propostos aos futuros oradores. A práctica estivo en vigor entre os ss I e V d C. Existen dúas modalidades: suasoria, baseada nun aforismo moral ou nun tema histórico ou político, e de controversia, que...
-
-
-
Discurso que se compuña nas escolas de elocuencia de Roma.
-
Oración escrita ou pronunciada como exercicio nas regras da retórica, e case sempre sobre un tema suposto xa fixado.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen declama.
-
-
Falar en público ou recitar algo, especialmente verso, marcando o sentido coa entoación e a xesticulación conveniente.
-
-
Falar de xeito pomposo.
-
Falar con excesiva vehemencia contra algo ou alguén.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
declamación.
-
-
Relativo ou pertencente á declamación.
-
Aplícase á forma de falar enfática, esaxerada, solemne e grandilocuente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode declarar.