Ceclavín
Ceclavín
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, na confluencia dos ríos Alagón e Tajo (2.284 h [1996]). A agricultura (cereais e legumes) e a gandería (lanar e caprina) son as principais actividades económicas. Destaca a igrexa parroquial de Santa María del Olmo, de estilo gótico do s XIII.