"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PERSOEIRO

    Poeta hebreo. Autor de numerosas obras poéticas e do primeiro dicionario de sinónimos hebreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desinfección e limpeza dunha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poder ou capacidade de limpeza de calquera substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que absterxe.

    2. Substancia que ten a virtude de absterxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de virilismo de orixe corticosuprarrenal que aparece na muller e que se caracteriza por diabete pancreática e hirsutismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dos chamados piratas informáticos que están especializados en publicidade. Retoman as imaxes creadas polos creadores publicitarios e crean con elas mensaxes totalmente novas cun significado contrario ao orixinal. Adóitanse definir como activistas da década do 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral sueco, conde de Adlesparre. Chegou a ser un dos líderes do golpe de estado (1809) que depuxo a Gustavo IV e foi membro do Consello de Estado (1809-1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non é partidario, que se opón ou loita contra alguén.

    2. Termo literario que alude ao feito de se enfrontar dous amigos ou parentes nunha loita, mesmo chegando á morte, sen recoñecerse entre eles. Ao longo da tradición literaria hai numerosos exemplos deste motivo baixo diferentes formas. Moitas das veces hai un previo recoñecemento ( anagnórise) por parte dos rivais e o enfrontamento non ten lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que expresa unha oposición ou unha antítese; que implica ou denota unha contrariedade entre os conceptos ou entre os sentidos.

    2. Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une ou entre as proposicións que enlaza (pero, con todo, non obstante, etc).

    3. Expresión fixa da lingua con valor adversativo (con todo, ben que, non obstante, etc).

    4. Proposición coordinada que denota unha significación oposta. Esta oposición pode ser parcial ou total; se é parcial, a coordinación adversativa é restritiva ou ben correctiva (

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de adverso.

    2. Sorte adversa.

    3. Caso adverso, suceso malfadado que lle acontece a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario, oposto hostilmente ou que ten unha influencia negativa sobre unha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz da Alemaña, casada co Emperador Enrique III (1043). Asumiu a rexencia do Imperio durante a minoría de idade do seu fillo Enrique IV (1056-1062), sendo deposta pola nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fylke de Noruega, entre o lago Mjøsa e o fiorde de Oslo (4.917 km2; 446.385 h [estim 1997]). A capital é Oslo, a cal constitúe un fylke independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor letón neorromántico. Loitou política e militarmente pola independencia de Letonia e foi membro da Asemblea constituínte (1917-1922). Publicou, entre outras, unha narración autobiográfica (O verán dun rapaz, 1908) e unha obra de tendencia impresionista (Baladas letonas, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Comezou pintando sobre vidro e fixo xilografías, linóleos, augafortes e fotografías. Encadrado na Bauhaus, principiou as experiencias de pintura planimétrica. Estudiou a imbricación de perspectivas e a teoría da Gestalt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea descrita polo radiólogo alemán Heinrich Albers-Schönberg (1865-1921) coñecida tamén cos nomes de enfermidade marmórea dos ósos ou osteopetrose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra, Gran Bretaña (32.654 h [1981]). Centro militar de adestramento con instalacións do Servicio de Defensa do Goberno, creadas no 1854, e sede dun instituto de estudios aeronáuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Emigrou aos EE UU en 1901. Inventou alternadores de alta frecuencia para as comunicacións transoceánicas e foi (1930) un dos pioneiros da televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e psiquiatra austríaco. Escribiu Das Werden der sittlichen Person (A evolución da personalidade moral).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliodistrofia progresiva infantil causada por unha dexeneración da cortiza cerebral e unha atrofia importante das circunvalacións cerebrais e da cortiza do cerebelo. É unha enfermidade hereditaria, de transmisión autosómica recesiva. Tamén se denomina síndrome de Christensen-Krabble.

    VER O DETALLE DO TERMO