adversativo -va

adversativo -va

(

  1. adx

    Que expresa unha oposición ou unha antítese; que implica ou denota unha contrariedade entre os conceptos ou entre os sentidos.

    Ex: Conceptos adversativos que denotan cousas distintas.

  2. conxunción adversativa [LING]

    Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une ou entre as proposicións que enlaza (pero, con todo, non obstante, etc).

  3. locución adversativa [LING]

    Expresión fixa da lingua con valor adversativo (con todo, ben que, non obstante, etc).

  4. proposición adversativa [LING]

    Proposición coordinada que denota unha significación oposta. Esta oposición pode ser parcial ou total; se é parcial, a coordinación adversativa é restritiva ou ben correctiva (

    Ex: Choveu pouco pero salvouse a colleita), se a oposición é total, a coordinación adversativa é exclusiva (Ex: Non estivo contento, senón triste).

Palabras veciñas

adverbializar | adverbio | adversario -ria | adversativo -va | adversidade | adverso -sa | advertencia