adversario -ria
adversario -ria
(
-
adx e s
Que ou quen non é partidario, que se opón ou loita contra alguén.
Ex: Derrotaron os seus adversarios no partido da final.
Sinónimos: rival. Confrontacións: contrincante. -
adversario descoñecido
[LIT]
Termo literario que alude ao feito de se enfrontar dous amigos ou parentes nunha loita, mesmo chegando á morte, sen recoñecerse entre eles. Ao longo da tradición literaria hai numerosos exemplos deste motivo baixo diferentes formas. Moitas das veces hai un previo recoñecemento ( anagnórise) por parte dos rivais e o enfrontamento non ten lugar.