adversativo -va
adversativo -va
(
-
adx
Que expresa unha oposición ou unha antítese; que implica ou denota unha contrariedade entre os conceptos ou entre os sentidos.
Ex: Conceptos adversativos que denotan cousas distintas.
-
conxunción adversativa
[LING]
Conxunción que indica contrariedade ou oposición entre os elementos que une ou entre as proposicións que enlaza (pero, con todo, non obstante, etc).
-
locución adversativa
[LING]
Expresión fixa da lingua con valor adversativo (con todo, ben que, non obstante, etc).
-
proposición adversativa
[LING]
Proposición coordinada que denota unha significación oposta. Esta oposición pode ser parcial ou total; se é parcial, a coordinación adversativa é restritiva ou ben correctiva (
Ex: Choveu pouco pero salvouse a colleita), se a oposición é total, a coordinación adversativa é exclusiva (Ex: Non estivo contento, senón triste).