adversidade

adversidade

(< lat adversitāte‘forza de oposición’)

  1. s f

    Calidade de adverso.

    Ex: Neste ano acontecéronlle moitas adversidades.

    Sinónimos: infortunio.
  2. s f

    Sorte adversa.

    Ex: A adversidade impediulle rematar a carreira como campión.

    Sinónimos: desgracia, infortunio.
  3. s f

    Caso adverso, suceso malfadado que lle acontece a alguén.

    Ex: Foi unha viaxe chea de adversidades.

    Sinónimos: desgracia, infortunio.

Palabras veciñas

adverbio | adversario -ria | adversativo -va | adversidade | adverso -sa | advertencia | advertir