"Eban" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
-
Relativo ou pertencente a Adis Abbeba, capital de Etiopía, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Adis Abeba.
-
-
PERSOEIRO
Escritor xesuíta interesado pola música e a estética en xeral. Foi autor, entre outras obras, de Le rivoluzioni del teatro musicale, dalla sua origine fino al presente (A revolución do teatro musical, dende a súa orixe ata o presente, 1783), obra de fonda repercusión en Europa, na que exalta o drama musical metastasiano contrapoñéndoo ao melodrama vixente na época. Outra obra súa foi Investigaciones filosóficas sobre la belleza ideal considerada como objeto de todas las artes de imitación (1789), na que defende que a arte imita á natureza, pero non a copia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe. No ano 776 compilou o Comentario á Apocalipse en doce libros de san Xoán, coñecido co nome de Beatus. Interveu na controversia do adopcionismo e, xuntamente co bispo Eterio de Orma, escribiu un libro contra o bispo de Toledo titulado Liber adversus Elipandum (786) e intercambiou correspondencia con Alcuíno sobre este asunto. Posiblemente foi autor dalgúns himnos introducidos máis tarde na liturxia visigótica. Ten veneración de santo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Escocia sobre o río Clyde. Trátase dun importante porto fluvial situado preto de Glasgow (49.650 h [estim 1995]). A base da súa economía é a industria, na que destacan os estaleiros, a metalurxia e as fábricas de cemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Utensilio de mesa amodo de tenaces que se emprega para partir a casca de noces, abelás e outros froitos secos.
-
-
Ave do xénero Nucifraga, da familia dos córvidos. Posúe un peteiro longo e forte de cor negra, o corpo de cor acastañada e as alas e a cola negras. As alas son grandes e arredondadas e a cola curta; voan de xeito lento e desprázanse con facilidade entre a ramaxe das árbores. Son animais gregarios que viven en pequenos grupos familiares ata a época de cría, na que cada parella defende un territorio. Son aves propias de bosques de coníferas do Hemisferio Norte, tanto os bosques que conforman a tundra como os que se localizan en latitudes menores, en sistemas montañosos. Aliméntanse de sementes e froitos (especialmente piñóns e noces), insectos e pequenos vertebrados; poden enterrar parte dos froitos que collen, na época favorable, e logo recuperalos durante o inverno. Nos invernos crus, ou ben realizan migracións cara ao sur, ou ben descenden aos vales.
-
crebanoces de Clark [Nucifraga columbiana, Fam dos córvidos]
Ave de 30 cm de lonxitude, de plumaxe castaña, que se distribúe, no O de Norteamérica, dende o S de Canadá ata o N de México.
-
crebanoces euroasiático [Nucifraga caryocatactes, Fam dos córvidos]
Ave de 31 cm de lonxitude, de plumaxe acastañada con pintas brancas e a parte inferior da base da cola branca. Está presente dende a Península Escandinava ata Xapón, e no centro e sur de Europa, asociado a bosques de coníferas de sistemas montañosos, como os Alpes e os Balcáns.
-
-
-
-
de debandar.
-
-
Fío de cobre que forma parte do circuíto dalgúns aparatos eléctricos.
-
debandado primario
Debandado na entrada dun transformador ou bobina de indución.
-
debandado secundario
Debandado na saída dun transformador ou bobina de indución.
-
-
-
-
-
Facer un nobelo co fío dunha madeixa.
-
Facer un rolo pequeno con fío, cable, ou material similar que está nun rolo meirande.
-
-
Separar as tripas unhas das outras sacándolle o tecido graxo que as mantén unidas.
-
Andar dándolle voltas ás cousas.
-
-
-
Aparello empregado para debandar os nobelos, construído en forma de armazón, con listóns de madeira cruzados, que xira ao redor dun eixe vertical fixo nun pé.
-
Utensilio de forma cilíndrica das máquinas de coser que se emprega para debandar as bobinas.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. Colaborou con Carlos Arniches (1924-1936) e en 1928 acadaron o premio do concurso do Patronato Oficial de Turismo e construíron unha ducia de hoteis. Entre as súas obras destacan os edificios denominados Altos del Hipódromo, da rúa Serrano de Madrid (1930), e a sala de conferencias e as bibliotecas da Residencia de Estudiantes (1932-1933). En 1936 exiliouse a Cuba, onde combinou formas tradicionais con elementos de vangarda. Entre as súas obras cubanas destaca o edificio FOCSA (1953-1956) en La Habana. Dende 1960 exerceu como docente na facultade de Arquitectura da Cornell University en Ithaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que pasou a Castela e fundou casa en Medina del Campo. As súas armas levan escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de prata, con dúas faixas de veros; e segundo e terceiro cuarteis, en campo de goles, cunha banda de ouro.
-
PERSOEIRO
Político. Coñecido como Abba Eban, residiu en Palestina dende o ano 1942. Foi representante de Israel na ONU (1948-1959) e embaixador nos EE UU (1950-1959). Tras ser elixido deputado laborista en 1959, ocupou diversos cargos ministeriais: ministro sen carteira (1959-1960), ministro de Educación e Cultura (1960-1963), viceprimeiro ministro (1963-1966) e ministro de Asuntos Exteriores (1966-1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carpinteiro de taller que realiza un traballo fino e coidado. Encárgase de axustar as pezas e, ao mesmo tempo, poñer un toque de arte nas formas e motivos que talla, especialmente na moblaxe e retablos. A madeira que acostuma empregar é a de ébano, nogueira e castiñeiro, traballada con ferramentas como as trenchas, os cepillos de moldura e o torno. Este traballo artesanal do ebanista, que ten un fin máis decorativo ca práctico, tomou o seu nome da madeira de ébano, utilizada para a construción de mobles dende a Antigüidade. As madeiras empregadas deben ser duras, compactas, uniformes e dunha fibra densa. Ademais do ébano, trabállanse, entre outras, a madeira de nogueira, aciñeira, carballo, acivro, ciprés e pereira. As imperfeccións da madeira trátanse de diferentes xeitos para disimulalas e conseguir unha presenza máis vistosa. Entre outras técnicas destacan os revestimentos con xeso e pintura, os chapados con outras madeiras preciosas e o emprego de enteados. Para a súa decoración empréganse,...
-
-
Arte de ebanista.
-
Taller ou obradoiro de mobles feitos con madeiras finas.
-
Conxunto de traballos dun ebanista.
-
-
-
Árbore, da familia das ebenáceas, apreciada pola elevada densidade da súa madeira, superior a 1; polo tanto, non flota na auga e faina moi dura e difícil de cortar e cravar. O gran da madeira é moi fino, polo que resulta crebadiza, pero dá un bo acabado ao puíla. As especies máis apreciadas son as que presentan a madeira de cor escura. Son grandes árbores, de ata 20 m altura, de follas coriáceas de cor verde escura e flores verdosas cos estames soldados ás corolas simpétalas que dan lugar a froitos en baga. A maior parte dos ébanos pertencen ao xénero Diospyros. Forman parte dos bosques tropicais onde aparecen de xeito illado. Existen unhas 400 especies, das que 71 son africanas, especialmente de Guinea e do Congo. Tradicionalmente, empregábase para a talla de figuras e esculturas de alto valor relixioso ou para mobles de pezas ensambladas, tamén pezas de violín, bocas de instrumentos de vento, teclas negras dos pianos, paos de percusión e castañolas; amais de obxectos de luxo como pipas...
-
Madeira desta árbore.
-
Aquilo que ten unha cor negra, intensa e brillante coma a do ébano.
-
-
PERSOEIRO
Poeta, teórico social e político. Considerado o introdutor do romanticismo, influíu sobre a Xeración do 37. Residiu en París e, ao seu regreso a Bos Aires, publicou os seus primeiros versos de forma anónima. Posteriormente, implicouse nun intento fallido de derrocar o réxime de Juan Manuel de Rosas e exiliouse en Montevideo. Da súa produción destacan Elvira, o la novia del Plata (1832), Los consuelos (1834), Rimas (1837), La guitarra (1842) e Manual de enseñanza moral (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe estendida por toda a Península. As súas armas traen escudo partido medio cortado: primeiro, en campo de azul, tres coroas de ouro, postas en pao; segundo, en campo de prata, dous lobos de sable, lampasados e armados de goles, postos en pao; terceiro, en campo de ouro, unha banda de azul, cargada dunha flor de lis de prata. Outra variante leva, en campo de azul, dous soles figurados, de ouro; e algúns ostentan, en campo de azul, tres coroas de ouro, postas en pao.
-
PERSOEIRO
Avogado, político e xornalista. Interveu na redacción da Constitución de 1845, antes de ser nomeado ministro de Fomento e ministro interino de Mariña. Acusado de malversación de fondos exiliouse (1854-1856) en Francia. Afonso XII nomeouno ministro en Lisboa e, posteriormente, presidente do Consello de Estado. Fundou o xornal monárquico El Eco de la Nación e colaborou en El Correo Nacional, El Español e El Heraldo.
VER O DETALLE DO TERMO -
NUCLEOS
Núcleo urbano que constitúe un partido provincial do Gran Bos Aires, Arxentina, situado no límite S da capital (276.017 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista, fillo de Agustín Esteban Collantes. Membro do Partido Conservador, foi subsecretario da presidencia e ministro de Instrución Pública (1920-1921). Fundou a publicación La integridad de la patria (1878) e publicou La libertad de imprenta en España (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de lingua e literatura galega de ensino medio e ensino universitario, foi membro fundador e primeiro presidente da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e membro fundador e secretario do MRP Instituto Galego Socio-Pedagoxía. Cómpre destacar as súas publicacións Didáctica da Lingua e Literatura Galega (1986) e O vocabulario galego-castelán no ensino en Galicia. Unha aproximación sociolingüística (1997).
VER O DETALLE DO TERMO