"Egan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 54.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que alega.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1865 editada por Soto Freire e continuadora do Almanaque de Galicia. Colaboraron nel Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e outros escritores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que impide a agregación.
-
Substancia que impide a agregabilidade das plaquetas. Reduce o risco de padecer doenzas arteriais obturadoras.
-
-
-
Que evita escorregar.
-
preparado.
-
Pintura que permite obter superficies rugosas e resistentes ao desgaste, que diminúen a posibilidade de esvarar. Estas pinturas empréganse para as pontes dos barcos e para os pavimentos de certas fábricas.
-
-
-
Apegarse unha cousa ou substancia a outra, especialmente de xeito desagradable ou indesexado.
-
Apegarse a unha persoa mostrándolle excesivo afecto.
-
-
-
Que se adhire con facilidade.
-
Dise da persoa que resulta agarimosa en exceso.
-
-
-
Que se apega con facilidade.
-
Dise da persoa que se fai pesada por exceso de amabilidade, por ser demasiado sociable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de gravados rupestres composto por catro grupos diferenciados, situado na aba occidental do monte Ardegán, parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña. No Grupo IV, o máis interesante, obsérvanse dous cervos totalmente contorneados, fundíndose nunha mesma liña as patas traseiras e dianteiras, o que suxire nas representacións a actitude do trote. Nos restantes grupos represéntanse unha serie illada de cervos, tanto en movemento como en posición estática.
-
-
Facer que xurdan regañas nalgunha cousa.
-
Abrir algo por mor da calor, como a madeira; ou polo seu grao de sazón, como os ourizos das castañas.
-
Amosar os dentes como sinal de ameaza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que atafega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai vida marital con outra sen estar casada con ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de bebidas constituída o 6 de xuño de 1959 na Coruña. Na actualidade dispón de delegacións en Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Foz, A Pobra do Caramiñal e Vigo. As súas actividades industriais céntranse na fabricación e comercialización para Galicia de todas as bebidas refrescantes da marca Coca-Cola (Coca-Cola, Tab, Fanta, Sprite, Aquarius, Finley, Nestea, Fruitopía e Bitter Drim). A fábrica actual inaugurouse no ano 1961. Daquela envasábanse 8.000 botellas por hora e en 1981 aumentou a produción a 60.000 litros por hora. Foi a primeira empresa do sector que conseguiu o certificado de calidade Aenor (30.12.1996). No ano 1995 foi elixida empresa do ano. O arquitecto Andrés Fernández Albalat realizou o proxecto da instalación actual da planta embotelladora, a “fábrica de cristal”, un dos máis singulares da arquitectura industrial galega contemporánea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘rato’.
-
-
Persoa que pertence a unha congregación.
-
Membro do Oratorio.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado entre Sierra Morena e a serra de Aracena (5.206 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveiras e cereais), na gandería e nas industrias cárnicas, particularmente as de elaboración de derivados porcinos e ovinos, como xamóns, queixos ou embutidos. Tamén destaca o sector téxtil, especialmente o do coiro. Fundado probablemente polos turdetanos, trala dominación árabe pertenceu á orde dos Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo (s XIII) e as igrexas mudéxares do Divino Salvador e de San Sebastián.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, situado na marxe esquerda do río Narcea, no límite coa provincia de León (1.605 h [1996]). O seu relevo é moi accidentado, xa que este termo municipal se localiza en plena Cordilleira Cantábrica. A economía baséase na agricultura (cereais, forraxes) e na gandería, da que destacan o vacún, ovino e porcino. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a igrexa de Santa María de Cerredo e a igrexa de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que disgrega.
-
Substancia que se engade a un comprimido co fin de que este se desfaga ao estar en contacto cun líquido. Trátase xeralmente de produtos que se humedecen facilmente e que, ao facelo, inchan e provocan a separación dos grans que, prensados, forman o comprimido. O máis corrente é o amidón do trigo. Actualmente, hai disgregantes sintéticos ou semisintéticos, como a celulosa microcristalina.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia liberal editada en Ortigueira a partir do 5 de xaneiro de 1902. Subtitulada como “Semanario independiente”, cesou a súa edición a finais de 1913. Dirixiuna Ramón Álvarez Fustes ata o nº 46. Incluíu crónicas sobre política local nas que se desenvolvían novas sobre os concellos da comarca, artigos sobre os emigrantes galegos en América e capítulos de libros por entregas. Coa aparición de La Opinión de Ortigueira, outro periódico de tendencia liberal, modificou a súa postura política cara a posicións máis conservadoras. Na súa segunda época, no ano 1913, dirixiuna Dámaso Calvo Montero e contou coa colaboración de Manuel Cabarcos. Desapareceu nese mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe publicada en Donostia como suplemento literario do Boletín de la Real Sociedad Económica de Amigos del País. Dirixido por Luis Michelena, Ángel Irigay e A. Arrué, recolleu a obra dos poetas vascos máis destacados da época como Blas de Otero, José Miguel de Azaola, Miguel Aresti e Gabriel Celaya. A partir de 1952 abandonou o seu bilingüismo para dedicarse en exclusiva a publicar poemas en éuscaro, o que motivou a tradución dalgunhas composicións de Ángela Figuera, Gabriel Celaya e Blas de Otero.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Durante a Guerra de Independencia foi secretario de Interior da Junta de Gobierno (1813-1814), actividade pola que foi condenado a prisión (1814-1817). Despois da independencia, foi ministro de Interior e de Mariña (1823) e diplomático en Inglaterra (1824). Foi deputado por Santiago (1831) e senador (1831-1846, 1843-1852). Participou na convención que discutiu e aprobou a Constitución de 1833.
VER O DETALLE DO TERMO