arregañar
arregañar
(< lat vulg *reganniare < lat gannire‘rosmar’)
-
v t
Facer que xurdan regañas nalgunha cousa.
Ex: O sol arregañou o portal da casa.
Sinónimos: regañar. -
v i
Abrir algo por mor da calor, como a madeira; ou polo seu grao de sazón, como os ourizos das castañas.
Ex: O poste de madeira arregañou coa calor.
Sinónimos: corear, regañar. -
v i
Amosar os dentes como sinal de ameaza.
Sinónimos: regañar.
Frases feitas
-
Arregañar os dentes. Mostralos agresivamente ou ríndose.
-
Arregañar a moa. Rir a gargalladas ensinando os dentes.