arregañar

arregañar

(< lat vulg *reganniare < lat gannire‘rosmar’)

  1. v t

    Facer que xurdan regañas nalgunha cousa.

    Ex: O sol arregañou o portal da casa.

    Sinónimos: regañar.
  2. v i

    Abrir algo por mor da calor, como a madeira; ou polo seu grao de sazón, como os ourizos das castañas.

    Ex: O poste de madeira arregañou coa calor.

    Sinónimos: corear, regañar.
  3. v i

    Amosar os dentes como sinal de ameaza.

    Sinónimos: regañar.

Frases feitas

  • Arregañar os dentes. Mostralos agresivamente ou ríndose.

  • Arregañar a moa. Rir a gargalladas ensinando os dentes.

Palabras veciñas

arrefriado -da | arrefriamento | arrefriar | arregañar | arregar | arregazar | arregoar