disgregante

disgregante

(< disgregar)

  1. adx

    Que disgrega.

  2. s m [MED]

    Substancia que se engade a un comprimido co fin de que este se desfaga ao estar en contacto cun líquido. Trátase xeralmente de produtos que se humedecen facilmente e que, ao facelo, inchan e provocan a separación dos grans que, prensados, forman o comprimido. O máis corrente é o amidón do trigo. Actualmente, hai disgregantes sintéticos ou semisintéticos, como a celulosa microcristalina.

Palabras veciñas

disgrafía | disgregabilidade | disgregación | disgregante | disgregar | disharmonía | dishidrose