"Eirís" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de expansión dos colonos do Brasil que se basea na organización de bandeiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade criminal realizada por bandas armadas, comandadas por un xefe, contra persoas, propiedades, edificios, vehículos, etc. O bandoleirismo constitúe a expresión do malestar económico e social, a miúdo con implicacións políticas, relixiosas e ata étnicas, motivado fundamentalmente pola miseria dos máis humildes. A súa existencia remóntase á Antigüidade (especialmente ao Baixo Imperio) e reaparece cunha enorme virulencia a fins da Idade Media, sobre todo en Francia e en Alemaña, por causa da crise da sociedade feudal. Pero é entre o 1550 e o 1600 cando tivo lugar un verdadeiro paroxismo deste fenómeno, de xeito simultáneo en todos os países mediterráneos, cristiáns ou musulmáns, especialmente no Principat de Catalunya (iniciado por Moreu Cisteller, rematou co lendario Serrallonga cando a revolta do 1640) en Calabria e na Albania dominada polo imperio otomano. A situación persistiu durante o s XVII en España, en Italia e tamén en Francia, e aínda máis en Alemaña, diminuíndo progresivamente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión, palabra ou xiro propio do Brasil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ladrón que se dedica a roubar carteiras.
-
-
Bo comportamento ou boa relación que existe entre compañeiros.
-
Disposición de solidariedade cos compañeiros.
-
-
ENTRADA LARGA
Actividade ou conxunto de prácticas dos curandeiros. Ten sido unha das prácticas máis estendidas da medicina popular. Tradicionalmente, tratábanse as enfermidades -que se atribuían a procesos naturais, ao frío, á calor, e tamén á bruxería- con fármacos, pero tamén cunha gran variedade de obxectos e plantas. Conviven na Europa rural tres sistemas médicos: a biomedicina, a medicina humoral e a medicina bruxo-relixiosa. A tradición occidental, coma outras moitas, distingue entre enfermidades naturais e enfermidades sobrenaturais. Esta últimas débense á acción das bruxas e cúranse por medios relixiosos, mentres que as naturais se deben a causas fisiolóxicas. Pouco a pouco, a medicina científica foi desprazando case completamente a antiga medicina natural, baseada na teoría dos catro elementos e dos catro humores. A medicina humoral só se conserva naquelas zonas que, coma Galicia, teñen unha limitada presenza da biomedicina. Tanto a medicina...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio da cidade da Coruña, na parroquia de Oza. Situado sobre o monte homónimo, experimentou un intenso proceso de desenvolvemento urbanístico a partir da década de 1970, cando quedou incluído no núcleo urbano coruñés, co que se conecta pola avenida de Monelos.
-
GALICIA
Político e empresario. Licenciado en Veterinaria pola Universidad de León, foi presidente do Sindicato da Gandería durante a ditadura franquista e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Presidente do comité local de Alianza Popular (AP) desde 1981, foi deputado pola Coruña no I Parlamento galego (1981-1985) e deputado por Coalición Popular no Congreso na III lexislatura (1986-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Coñecido como Xosé Manuel Eirís, colaborou co grupo Na Lúa e compartiu a súa actividade artística coa de animador cultural do concello de Carballo. Gravou o disco Ese lago inmenso (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Afección aos costumes estranxeiros.
-
Palabra que se colle dunha lingua estranxeira mantendo a súa grafía orixinal, pero adaptando a súa pronuncia ás estruturas fonéticas da lingua receptora (hippy [‘hipi], allegro [a’lɛƒɾo]). O proceso de normalización do galego comeza no s XIX co inicio da reivindicación da lingua galega como lingua de cultura, pero é no s XX cando se amplía o seu uso a novos dominios. Neste novo contexto lingüístico e cultural prodúcese o contacto con novas realidades e conceptos que esixen a incorporación ou creación de novas expresións. Así, un dos procedementos que se emprega para cubrir estes baleiros denominativos é a incorporación de estranxeirismos, feito constatable nos dominios especializados; a súa presenza nótase canto máis especializado é o dominio, e esa especialización moitas veces leva a que non existan propostas claras na lingua receptora. O galego incorpora, sobre todo, estranxeirismos do inglés e, en menor medida, doutras linguas como o francés e o italiano....
-
-
-
Partido dos filibusteiros.
-
Táctica obstrucionista dos filibusteiros.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e etnólogo. Despois dunha primeira etapa surrealista, Simulacre (1925), rompeu con este movemento e a partir de 1930 emprendeu unha serie de viaxes para facer estudios etnolóxicos. Posteriormente escribiu L’ Afrique fantôme (1934), L’âge d’homme (1939), Aurora (1946), os catro volumes de La règle de jeu (1948-1976) e Le ruban au cou d’Olympia (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e escenógrafo. A súa traxectoria teatral está vinculada ás compañías Teatro Circo, Escola Dramática Galega e Luís Seoane, coas que participou en espectáculos como Zardigot, Os vellos non deben de namorarse, A voda de Esganarello e O rei aborrecido, e nas que realizou distintas escenografías. Colaborador habitual da escola de formación teatral Casahamlet, publicou diversos traballos sobre plástica escénica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Réxime económico baseado no predominio do traballo obreiro como un elemento de produción e creador de riqueza.
-
Clase social constituída polo conxunto dos obreiros.
-
Doutrina social que propugna a mellora das condicións de vida dos obreiros.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao obreirismo.
-
Partidario do obreirismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que parte das ideas de Ramón Piñeiro, especialmente a estratexia en que se prescindía da opción política cara á intervención cultural, na procura dunha vía legal que levase á afirmación de Galicia como pobo, e que tiña como fin acadar a galeguización xeral da sociedade. Froito deste posicionamento xurdiu a editorial Galaxia (1950).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade deportiva que consiste en camiñar por carreiros ou sendeiros polo campo.