"Eisenach" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Gran duque de Saxonia-Weimar-Eisenach, fillo do duque Ernesto Augusto II e de Ana Amalia de Brunswick, rexente do ducado logo da morte do duque en 1758. Gobernou persoalmente desde 1775 e converteu a corte de Weimar no primeiro centro intelectual de Alemaña, con colaboradores como Goethe e Herder; ao mesmo tempo, promocionou a Universidade de Jena, onde ensinaron Schiller, Schelling e Hegel. Foi un dos líderes do Fürstenbund, ou Liga dos Príncipes, establecida por Federico II de Prusia para facer fronte a Xosé II. Participou co exército prusiano na guerra contra a República Francesa. Non obstante , unha vez que as tropas de Napoleón conquistaron Weimar, uniuse á Confederación do Rin, formada por todos os estados xermánicos baixo protección de Napoleón en 1806. Pola contra, en 1813 integrou no exército que se sublevara en Prusia contra a ocupación napoleónica. Polo Congreso de Viena (1814-1815), logrou a ampliación do seu estado e o título de gran duque. No ano 1816 concedeu a primeira constitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Turinxia, Alemaña, situada á beira do río Nesse (45.900 h [1991]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria, principalmente co sector téxtil, a elaboración de madeira, cervexa e zapatos. Foi fundada ao redor do 1070 sobre a antiga Isenacum. Pertenceu aos landgraves de Turinxia (1150) e á casa de Wettin (1440). Incorporouse á rama ernestina da dinastía de Wettin (1485), que se converteron en duques de Saxonia-Weimar-Eisenach (1741). Foi a residencia dos electores de Saxonia e dos duques de Eisenach. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Nicolao e San Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia en 1572 a favor de Xoán Ernesto I (?-1637), fillo segundo do duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha. En 1671 incorporouse ao ducado de Saxonia-Marksuhl.

    VER O DETALLE DO TERMO