Eisenach
Eisenach
Cidade do land de Turinxia, Alemaña, situada á beira do río Nesse (45.900 h [1991]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria, principalmente co sector téxtil, a elaboración de madeira, cervexa e zapatos. Foi fundada ao redor do 1070 sobre a antiga Isenacum. Pertenceu aos landgraves de Turinxia (1150) e á casa de Wettin (1440). Incorporouse á rama ernestina da dinastía de Wettin (1485), que se converteron en duques de Saxonia-Weimar-Eisenach (1741). Foi a residencia dos electores de Saxonia e dos duques de Eisenach. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Nicolao e San Xurxo.