"Elías" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 36.

  • PERSOEIRO

    Anticuario e alquimista inglés. Estudiou Matemáticas e Ciencias Naturais en Oxford. Estableceuse en Londres en 1646 onde estudiou Astroloxía e publicou baixo o pseudónimo de James Asholle un Tratado de Alquimia (1650) e o primeiro volume do seu Theatrum Chymicum britannicum (1652). Durante a súa vida coleccionou cousas diversas que legou á universidade de Oxford e que se conservan no Ashmolean Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Catedrático de Física Teórica e Experimental nas universidades de Salamanca (1933-1941) e Madrid (1941-1963). Traballou no campo das radiocomunicacións e na física doutras enerxías, e foi un gran divulgador da radioastronomía e da astronáutica en diferentes revistas e enciclopedias. En 1941 creou a sección de Electricidade do Instituto de Física Alonso de Santa Cruz, do CSIC. Foi xefe do departamento de Física do Instituto Torres Quevedo, director do Instituto Nacional de Electrónica (1949-1952) e do Alonso de Santa Cruz (1965), e presidente de honor do Centro de Investigaciones Físicas L. Torres Quevedo. Como académico, formou parte da Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona (1948) e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Presidente de México (1924-1928). Impulsou unha política de reformas nas que destacaban a reestruturación do exército, a reforma agraria, a loita contra o caudillismo e contra a influencia norteamericana, que desencadeou a sublevación cristera, dirixida por católicos intransixentes. No ano 1928 fundou o Partido Nacional Revolucionario e, como ministro de Finanzas, fixo aprobar a lei Calles (1931). Estivo exiliado entre 1936 e 1941 pola súa oposición ao goberno de Lázaro Cárdenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor búlgaro. Despois de pasar a súa infancia entre Bulgaria, Inglaterra, Austria, Suíza e Alemaña, estudiou ciencias en Viena, onde viviu ata 1938. Posteriormente se trasladou a París e a Londres onde se estableceu en 1939 e adoptou a nacionalidade británica. A súa obra centrouse tematicamente na defensa da dignidade individual contra a masificación do home, o abuso do poder e o absurdo da morte. As súas primeiras obras, as comedias Hochzeit (A voda, 1932) e Komödie der Eitelkeit (A comedia da vaidade, 1950), tiveron escasa importancia antes dos anos sesenta. O éxito chegoulle tarde, co ensaio teórico Masse und Macht (Masa e poder, 1960) e con obras de carácter autobiográfico, como Die Provinz des Menschen (A provincia do home, 1973), Die gerettete Zunge (A lingua salvada, 1977) ou Das Augenspiel (O xogo de ollos, 1985). Entre os ensaios sobresae un sobre Franz Kafka: Der andere Prozess (O outro proceso, 1969). En 1981...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudiou no Massachusetts Institute of Technology, centro no que se doutorou en 1950. No mesmo ano comezou a traballar como docente e investigador na Universidade de Illinois. En 1959 trasladouse á Universidade de Harvard. Realizou importantes traballos de investigación en química orgánica teórica e estrutural, en síntese orgánica e en estereoquímica. En 1990 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas contribucións á síntese orgánica de máis de 100 produtos naturais, algúns destes aplicados á medicina e á industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La dame aux camélias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Alexandre Dumas fillo (1848) inspirada na historia real de Marie Duplessis. Trata dos amores entre Armand Duval e a cortesá Marguerite Gautier. A intervención do pai de Armand provoca a separación dos amantes. O drama remata coa morte de Marguerite. En 1852 Dumas adaptou a novela para o teatro e, posteriormente, Francesco M. Piave escribiu o libreto para a ópera de G. Verdi La Traviata (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no hebreo Eliyâh(û), nome formado por dúas denominacións de Deus, Elohim e Yahvé (‘Deus é Iavé’); introduciuse a través do latín eclesiástico Elias e do grego bíblico Elías. É o nome do profeta xudeu (s IX a C) do Antigo Testamento que se celebra o 20 de xullo. A festividade de san Elías celébrase o 27 de febreiro e a do mártir Elías o 16 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta xudeu. Loitou por reafirmar a fe en Iavé nos últimos anos do reinado de Acab (874-853 a C) en Israel, de sincretismo apóstata en que se introduciu o culto a Baal, deus fenicio da fecundidade. Por mor do seu empeño en apartar o pobo israelita do culto, sufriu a persecución da Raíña Iezabel e tivo que fuxir ao monte Sinaí. Conta a lenda que cando volveu deste exilio atopou arando no campo a un mozo chamado Eliseu, a quen elixiría para que fose o seu sucesor como profeta iavista. A súa historia nárrase no Libro Primeiro dos Reis e na época cristiá críase que volvería nos tempos mesiánicos. Na iconografía acostuma levar unha túnica e unha capa de pelica ou o hábito dos carmelitas e o nimbo poligonal dos profetas, na man dereita empuña unha espada flamíxera e leva como atributos, o libro das súas profecías ou unha cartela. Adoita aparecer sentado no carro de lume ou recibindo a visita dun corvo. A súa festividade celébrase o 20 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Licenciouse en Dereito na Universidad de Madrid en 1936 e doutorouse en 1938. En 1941 obtivo a cátedra de Dereito Natural e Filosofía do Dereito na Universidad de Salamanca, que en 1945 permutou pola da Universidad de Sevilla, onde exerceu ata 1977, data na que ingresou na Universidad Complutense. Da súa produción científica sobresae Tratado de Filosofía del Derecho. No terreo do pensamento filosófico das diversas culturas, analizou as da Península Ibérica, as europeas, a sefardí, a árabe, as asiáticas orientais e as africanas. Mantivo un achegamento á cultura galega, no que destacan os estudios plasmados en La tradición gallega (1944), La saudade. Ensayos (1953), Ramón Otero Pedrayo en el tradicionalismo gallego (1958) e El Reino de Galicia hasta 1700 (1966). O seu concepto de galeguidade fundamentouse nos referentes culturais tradicionais galegos unidos á defensa da cristiandade e da unidade de España. Foi doutor honoris causa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, crítico e historiador da arte. Foi profesor na Escola Superior de Belles Oficies e na Escola de Bibliotecàries de Barcelona. Traballou como ilustrador, entre outros medios, en Cu-cut! e Mirador, e en 1908 fundou Papitu, da que foi director ata 1911. As súas caricaturas, asinadas co nome de Apa, seguían a tradición modernista. Pintou retratos e naturezas mortas. Asinaba os seus traballos xornalísticos co nome de Joan Sacs. Estudiou a arte da caricatura e escribiu diversas monografías sobre temas artísticos. Entre as súas obras destaca La escultura catalá moderna (1926-1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe beneditino dende 1705. Ocupou, entre outros cargos, o de mestre de obras e prior maior de San Martiño Pinario e o de prior de Barosa, Cambre, Santo Antonio e Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana, no extremo occidental do país (1.426 km2; 64.641 h [1993]). A súa capital é Elías Piña (23.000 h [1975]). As principais actividades económicas son a gandería (caprino) e a explotación forestal. Tamén é importante na súa economía a agricultura, sobre todo os cultivos de café, de cana de azucre, de algodón e millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director e produtor de cine. Realizou a súa formación nos estudios Gaumont, en París. Traballou nos EE UU, onde foi axudante de D. W. Griffith, e en México, onde realizou Epopeya, película que protagonizou Pancho Villa. En Catalunya realizou Fabricante de suicidios (1928) e en Madrid El misterio de la Puerta del Sol (1928), que foi a primeira película sonora española. Pouco antes da Guerra Civil española (1936-1939) rodou María de la O. Durante a guerra, a Generalitat encargoulle Bohemios, que trataba sobre a zarzuela de Vives. A finais de 1937, convertido en falanxista, o Sindicat Únic de l´Espectacle encargoulle a reorganización da actividade cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Juan Adán, formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Foi primeiro escultor de cámara dende 1836 e director xeral da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1843, 1850-1853). As súas obras mostran o carácter clasicista. Traballou na restauración escultórica do palacio de Aranjuez. Da súa produción destaca o grupo El reto de don Rodrigo Téllez Girón al moro Albayaldos delante de sus padrinos e os retratos de Jovellanos e Argüelles. Realizou a figura da Constancia do Obelisco do 2 de Maio de Madrid (1840) e, no terreo da obra efémera, participou nos cenotafios das raíñas Isabel de Braganza (1919) e María Xosefa Amalia de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e historiador polaco. Estudiou medicina, filosofía e psicoloxía. Doutorouse en Heidelberg baixo a dirección de Alfred Weber e formou parte da Escola de Frankfurt. Abandonou Alemaña coa chegada ao poder dos nazis (1933) e marchou a Francia. Estableceuse definitivamente en Inglaterra e foi profesor na Universidade de Leicester (1954-1962), profesor visitante no Institute of Interdisciplinary Research na Universidade de Bielefeld e profesor emérito na Universidade de Frankfurt. Nas súas obras rescatou a dimensión histórica para a socioloxía, e entre elas destacan Uber den Prozess der Zivilisation (O proceso de civilización, 1939), Eine Untersuchung zur Soziologie des Königtmus und der höfischen Aristokratie (A sociedade cortesá. Investigación sobre a socioloxía da realeza e a súa aristocracia cortesá, 1969) e Was ist soziologie? (Que é a socioloxía?, 1970). Recibiu o Premio Theodor W. Adorno como recoñecemento á súa contribución na socioloxía e historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Pickenoy, considerouse o mellor retratista da burguesía de Amsterdam ata a aparición de Rembrandt. Entre as súas obras destacan os retratos de Jochem Hendrechsz (1627) e Maria Jachemsdr (1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Micólogo. A partir dos doce anos centrou o seu interese nos fungos e aos dezasete identificaba máis de 300 especies, polo que se constituíu xa nun especialista na materia. Constitúe, xunto con C. H. Persoon, un dos fundadores da micoloxía ao establecer unha taxonomía para os fungos baseada na coloración da esporada, na morfoloxía do himenio e, por primeira vez, en características microscópicas, aínda que de xeito limitado. Entre as súas 26 publicacións, nas que cita máis de 3.000 especies de fungos, destacan: Systema mycologicum, sistens fungorum ordines, genera et species huc usque cognitas (1821-1832); Lichenographia Europaea reformata (1831); Hymenomycetes Europaei (1874); e Icones selectae Hymenomycetum nondum delineatorum (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Helías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou para os banqueiros Fugger e en 1601 foi nomeado arquitecto de Augsburgo. As súas obras, das que destaca o concello da cidade, son dun clasicismo severo.

    VER O DETALLE DO TERMO