Elias, Norbert

Elias, Norbert

Sociólogo e historiador polaco. Estudiou medicina, filosofía e psicoloxía. Doutorouse en Heidelberg baixo a dirección de Alfred Weber e formou parte da Escola de Frankfurt. Abandonou Alemaña coa chegada ao poder dos nazis (1933) e marchou a Francia. Estableceuse definitivamente en Inglaterra e foi profesor na Universidade de Leicester (1954-1962), profesor visitante no Institute of Interdisciplinary Research na Universidade de Bielefeld e profesor emérito na Universidade de Frankfurt. Nas súas obras rescatou a dimensión histórica para a socioloxía, e entre elas destacan Uber den Prozess der Zivilisation (O proceso de civilización, 1939), Eine Untersuchung zur Soziologie des Königtmus und der höfischen Aristokratie (A sociedade cortesá. Investigación sobre a socioloxía da realeza e a súa aristocracia cortesá, 1969) e Was ist soziologie? (Que é a socioloxía?, 1970). Recibiu o Premio Theodor W. Adorno como recoñecemento á súa contribución na socioloxía e historia alemanas (1977).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Breslau

  • Deceso

    Lugar : Amsterdam