"Electra" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Heroína grega, filla de Agamemnon, rei de Argos e un dos conquistadores de Troia, e Clitemnestra. Non aparece na epopea homérica, pero si nas versións posteriores do mito, substituíndo a Laódice. Segundo a lenda, Agamemnon, de volta á patria despois da guerra, foi asasinado a traizón por Clitemnestra e o seu amante Existo. Electra, maltratada por este, prepara a vinganza polo asasinato do pai. Co paso dos anos, reencontra o seu irmán Orestes, ao que salvara da morte cando era un naipelo, e ambos executan o homicidio da parella adúltera. Logo, continúa ao lado de seu irmán, mesmo cando este é perseguido polas Erinias, as deusas da vinganza, e ten que levar unha vida errante por moitas terras. Este mito foi recreado polos tres grandes tráxicos gregos. Nas versións de Esquilo e Sófocles xustifícase a acción dos dous irmáns, mentres que nas de Eurípides dáse unha visión particular da personaxe. Nas traxedias de Esquilo, Electra ten un papel secundario. Neste caso Electra actúa incitada por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega, filla de Oceáno e Tetis. Casou con Taumante e, froito desta relación, naceron Iris, a mensaxeira dos deuses, e as dúas harpías, Aelo e Ocípete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das sete pléiades, fillas de Atlante e Pléione de Samotracia. Froito da súa unión con Zeus enxendrou a Dárdano, que fundou a familia real de Troia, Iasión e Harmonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada a partir de 1901 en Madrid. O seu título provén da obra homónima de Benito Pérez Galdós, estreada o 30 de xaneiro do mesmo ano e que causara unha extraordinaria polémica. Na súa elaboración participaron Ramón Mª del Valle-Inclán, Ramiro de Maeztu, Francisco Villaespesa, Manuel Machado e Pío Baroja. O carácter xeral da publicación foi revolucionario e rebelde, contrario ás normas. Nos seus artigos prestábanlle unha especial atención ao anticlerical. Na revista tamén colaboraron novos valores literarios da época como Juan Ramón Jiménez e Antonio Machado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto inconsciente e organizado dos impulsos amorosos e hostís que, no eido da psicanálise, experimentan as nenas cara ao seu pai ou substituto. Segundo a teoría freudiana, a nena séntese atraída sexualmente polo proxenitor do sexo oposto, e rexeita e teme o do mesmo sexo, que considera rival. Esta denominación empregouna por primeira vez o psiquiatra suízo Carl-Gustav Jung no ano 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO