Electra

Electra
[PUBLIC]

Revista editada a partir de 1901 en Madrid. O seu título provén da obra homónima de Benito Pérez Galdós, estreada o 30 de xaneiro do mesmo ano e que causara unha extraordinaria polémica. Na súa elaboración participaron Ramón Mª del Valle-Inclán, Ramiro de Maeztu, Francisco Villaespesa, Manuel Machado e Pío Baroja. O carácter xeral da publicación foi revolucionario e rebelde, contrario ás normas. Nos seus artigos prestábanlle unha especial atención ao anticlerical. Na revista tamén colaboraron novos valores literarios da época como Juan Ramón Jiménez e Antonio Machado.

Palabras veciñas

Electra | Electra | Electra | Electra | Electra, complexo de | electreto | electricidade