"Elef" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 31.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación que agrupa a maioría das empresas de márketing telefónico de España co obxectivo de dar a coñecer as actividades que desenvolven os seus asociados e defender os seus intereses no eido publicitario.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada nas estribacións da selva de Teutoburg (323.223 h [1998]). Dominada pola Sparrenburg (residencia dos condes de Ravensberg), é un centro tradicional da industria téxtil do liño, que coa posterior introdución dos tecidos de algodón e seda acadou un maior grao de desenvolvemento. A diversificación industrial estendeuse aos sectores papeleiro e de embalaxes. Tamén, dende 1966, é sede dun centro de ensino superior, a Ostwetfalen Universität (Universidade da Westfalia Oriental). Fundada no 1214, a finais do s XIII entrou a formar parte da Liga Hanseática. En 1346 pasou ao dominio dos duques de Jüllich e no 1647 ao elector de Brandenburgo. Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) sufriu con intensidade os bombardeos da aviación aliada, especialmente británica e norteamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á escultura na que as partes visibles do corpo están feitas en marfil e as roupaxes en ouro. Empregouse na estatuaria de pequeno tamaño en Exipto e Mesopotamia, e na de orde colosal en Grecia. Destacan as estatuas de Atenea e Zeus realizadas por Fidias para o Partenón de Atenas e o templo de Zeus en Olimpia, respectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1969, editada pola Orde Franciscana de Santiago. Dirixiuna J. Lado Casal. Trátase dunha publicación católica de información xeral na que se incluíron artigos sobre cultura e literatura galega, críticas e opinións. Segundo o seu propio editorial, tentaba ser unha continuadora do labor desenvolvido por El Eco Franciscano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que lle deron os autores clásicos á illa situada en fronte de Bombai, na India. Conserva templos escavados na rocha, construídos no s VIII e dedicados a deuses hindúes. Destaca a gran cova coa escultura con tres cabezas que representan a Shiva, Brahma e Visnu. A UNESCO declarounos Patrimonio da Humanidade en 1987.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Mamífero, da familia dos elefántidos, de ata 4 m de altura, que constitúe o maior animal terrestre do Cuaternario. Ten cabeza grande, pescozo curto, orellas grandes, ollos proporcionalmente pequenos e extremidades grosas. As súas patas musculosas rematan nunha almofadiña de tecido adiposo que engloba as dedas, e que presenta certa mobilidade e permite a adaptación do pé ao substrato. A velocidade de desprazamento normal é de entre 6 e 7 km/h, pero en situacións de fuxida ou ataque pode acadar os 40 km/h. Os elefantes son incapaces de galopar ou de saltar, pero nadan perfectamente. A característica máis salientable é o apéndice nasolabial alongado, denominado trompa, que cumpre, ademais das funcións respiratorias e sensitivas de olores e sabores normais, funcións de absorción e de prensión. Con ela os elefantes recollen con precisión follas e outros alimentos que levan ata a boca, pero tamén poden golpear e defenderse con ela, xa que é un órgano de gran forza. Tamén poden...
-
elefante antigo [Elephas antiquus, Fam dos elefántidos]
Elefante de ata 3,7 m de altura, de patas longas e cabeiros moi longos e rectos. Especie propia das selvas subtropicais presentes en Europa e zonas do hemisferio norte durante o Pleistoceno, que ampliaba a súa distribución nos períodos interglaciares.
-
elefante asiático [Elephas maximus, Fam dos elefántidos]
Elefante de ata 3 m de altura na cruz e 5.000 kg de peso, coa fronte abombada, lombo arqueado, orellas pequenas en comparación coa cabeza e cabeiros só no macho. Tamén se caracterizan por presentar no extremo da trompa unha soa dixitación, fronte ás dúas que presentan as especies africanas actuais. Distribúese pola India e o sueste asiático.
-
elefante de bosque [Loxodonta cyclotis, Fam dos elefántidos]
Elefante de ata 2,5 m de altura, con 5 uñas nas patas dianteiras e 4 nas patas traseiras, mandíbula longa e estreita e orellas redondeadas. Os cabeiros, presentes nos dous sexos, son máis rectos e longos ca os do elefante de sabana e o marfil ten unha lixeira coloración rosa. A especie foi descrita a finais do s XIX polo zoólogo alemán Paul Matschie, pero a súa validez non foi confirmada ata a aplicación de análises xenéticas a principios do s XXI. Constitúe unha especie forestal da que subsisten uns 150.000 exemplares.
-
elefante de estepa [Mammuthus trogontherii, Fam dos elefántidos]
Elefante, de ata 4,5 m de altura, co pelo longo e orellas e cola máis pequenas ca o elefante euroasiático. Viviu na estepa dende Siberia ata Europa hai entre 1 millón e 750.000 anos, e cedeu o seu niño ecolóxico ao elefante laúdo. Alimentábase principalmente de herbáceas.
-
elefante de pampa [Cuvieronius hyodon, Fam dos gonfotéridos]
Elefante de ata 2,7 m de altura, con cabeiros en forma de espiral e orellas pequenas. Propio da Pampa arxentina e dos cumios dos Andes, apareceron no Plioceno e viviron ata o s V, cando se extinguiron, probablemente, por mor da caza indiscriminada por parte do home.
-
elefante de sabana [Loxodonta africana, Fam dos elefántidos]
Elefante de ata 4 m de altura que pode chegar a alcanzar os 7.000 kg de peso, con 4 uñas nas patas dianteiras e 3 nas patas traseiras, mandíbula pequena e ancha e orellas apuntadas de ata 1,5 m de lonxitude. Vive en extensas áreas orientais, centrais e meridionais de África, onde sofre a presión da caza para conseguir o seu marfil, ao mesmo tempo que a perda do seu hábitat natural. Algunhas poboacións están restrinxidas a parques e reservas onde, ás veces, as altas concentracións poñen en perigo a estrutura e dinámica vexetal e, polo tanto, a supervivencia dos propios elefantes. Subsisten uns 350.000 exemplares.
-
elefante euroasiático [Mammuthus meridionalis, Fam dos elefántidos]
Elefante de ata 4 m de lonxitude, de cabeiros longos, curvos e revirados, coa pel sen pelos, patas traseiras máis curtas ca as dianteiras e lombo en costa. Especie propia das fragas e bosques mixtos, alimentábase principalmente das follas e cortiza de carballos, bidueiros e freixos. Apareceu en Europa hai 3 millóns de anos e estendeuse por todo o continente ata Siberia, e pasou hai 1,7 millóns de anos a Norteamérica. O arrefriamento xeral que sufriu o planeta hai un millón de anos provocou o cambio do seu hábitat, a fraga, por extensas praderías onde foi substituído polo elefante de estepa. Desapareceu hai uns 750.000 anos.
-
elefante insular [Mammuthus exilis, Fam dos elefántidos]
Elefante de ata 1,6 m de lonxitude e 1.000 kg de peso, que viviu hai uns 30.000 anos nas illas situadas a 8 km da costa de California, como a illa de Santa Rosa.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que se caracteriza por un engrosamento, inicialmente edematoso e despois fibroso, da pel e dos tecidos subcutáneos, que presentan unha consistencia dura e espesa que recorda a pel do elefante, de onde lle vén o nome. Prodúcese por unha inflamación e obstrución dos vasos linfáticos que non poden drenar os líquidos das zonas afectadas, o que produce un encharcamento tisular e a dilatación dos vasos. Por orde de frecuencia afecta ás extremidades inferiores, ao escroto, aos brazos e ao peito. Pode ser conxénita ou adquirida por mor de lesións dos ganglios linfáticos a consecuencia de tumores ou infeccións; neste último caso é característica a infección por parasitos como as filarias, especialmente Wuchereria brancrofti, moi común nos trópicos preto da costa.
-
-
Relativo ou pertencente á elefantíase.
-
Que ou quen padece elefantíase.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos elefántidos.
-
Mamífero da familia dos elefántidos.
-
Familia, da orde dos proboscídeos, á que pertencen os elefantes.
-
-
ILLAS
Illa situada no curso do río Nilo, fronte a ‘Aswān, e que constitúe unha barreira natural ao S da primeira fervenza. Foi a capital de To-Jentit, primeiro nomo do Alto Exipto e nela sitúase a cidade de Abu. Habitada dende o primeiro período dinástico, acadou un grande esplendor durante a época faraónica. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dos templos de Jnum e Satis, que xunto con Anukis formaban a tríade que se veneraba na cidade, e o Nilómetro, escaleira con marcas nos muros para medir a altura do río e que describiu Estrabón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao elefante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte dun teléfono ou radioteléfono onde se aloxan o micrófono e o receptor, e que a miúdo tamén leva incorporada o teclado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de comunicación telefónica entre dous interlocutores mediante unha transmisión con ondas radioeléctricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa nun servizo de radiotelefonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teléfono sen fíos que se emprega en radiotelefonía, que transmite e recibe a información mediante as ondas radioeléctricas.
-
-
Sistema de reprodución e transmisión de documentos por medio de sinais transmitidos por vía telefónica.
-
Impreso que se envía ou recibe por este sistema.
-
Aparato que envía ou recibe documentos por medio deste sistema.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao teleférico.
-
Instalación para o transporte de persoas ou de materiais con vehículos suspendidos de un ou de máis cables aéreos, que se emprega especialmente nos terreos accidentados, cando a construción dunha estrada ou dun ferrocarril non é posible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme que se roda para ser transmitido por televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Misia, fillo de Heracles e Auge. Cando os gregos atacaron Misia, foi ferido por Aquiles, e ao saber que só se podía curar mediante a lanza que o feriu, pactou con Aquiles conducir a frota grega ata Troia.