elefantíase

elefantíase

(

s f [PAT]

Enfermidade que se caracteriza por un engrosamento, inicialmente edematoso e despois fibroso, da pel e dos tecidos subcutáneos, que presentan unha consistencia dura e espesa que recorda a pel do elefante, de onde lle vén o nome. Prodúcese por unha inflamación e obstrución dos vasos linfáticos que non poden drenar os líquidos das zonas afectadas, o que produce un encharcamento tisular e a dilatación dos vasos. Por orde de frecuencia afecta ás extremidades inferiores, ao escroto, aos brazos e ao peito. Pode ser conxénita ou adquirida por mor de lesións dos ganglios linfáticos a consecuencia de tumores ou infeccións; neste último caso é característica a infección por parasitos como as filarias, especialmente Wuchereria brancrofti, moi común nos trópicos preto da costa.

Palabras veciñas

Elef | Elefanta | elefante -ta | elefantíase | elefantiásico -ca | elefántido -da | Elefantina