Elef
Elef
[PUBLIC]
Revista aparecida en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1969, editada pola Orde Franciscana de Santiago. Dirixiuna J. Lado Casal. Trátase dunha publicación católica de información xeral na que se incluíron artigos sobre cultura e literatura galega, críticas e opinións. Segundo o seu propio editorial, tentaba ser unha continuadora do labor desenvolvido por El Eco Franciscano.