"En Galicia" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Revista bilingüe aparecida na Coruña o 2 de xuño de 1990, editada polo Centro de Publicaciones do ministerio do Interior. Subtitulouse “Revista de la Administración General del Estado en la Comunidad Autónoma Gallega” e contou coa colaboración de José María Álvarez, Perfecto Hermida e Begoña Cristeto, entre outros. Dividiuse nas seccións: “Sumario”, “Informes”, “Consejo de Ministros”, “Datos”, “Inversiones” e “Documentos”. Incluíu artigos referentes á economía e aos orzamentos, á xustiza, á alimentación, á educación e á ciencia e outros casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación gratuíta editada a partir do 1 de decembro de 1925 na Coruña e subtitulada “Revista mensual”. Dirixida por Horacio Rodríguez, contou coa colaboración de Alberto Insua, Félix Estrada, Xesús Carro García, Anxo do Castillo, Xoán Rof Codina, Ramón Fernández Mato, Luís L. Riobóo, Manuel Ortiz e Antón Villar Ponte, entre outros. Nos seus artigos incluíu información propagandística da casa patrocinadora, pasatempos e novas referidas a temas de Galicia e Hispanoamérica. Na súa sección “Figuras del Parnaso gallego”, inseríronse biobibliografías de Aurelio Aguirre e Manuel Lugrís Freire, así como diversos poemas. Xunto coas edicións normais publicou números extraordinarios, como o aparecido en xullo de 1926, referido de forma íntegra a Galicia e subtitulado “Fiestas de verano en Galicia”, no que contaba coa colaboración de Ramón Otero Pedrayo, Enrique Hervada e Narciso Correal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1988 e subtitulada “Revista mensual e de expresión monolingüe galega”. Cesou a súa edición en marzo de 1990. Tiña unha tiraxe media de vinte mil exemplares e foi dirixida por Antón López Galocha. Malia que a maior parte dos seus contidos estaban orientados ao sector educativo galego, incluíu tamén información relacionada coa historia, a psicoloxía, a pegadoxía e a arte, xunto con artigos sobre lingua e literatura galegas. Outro dos apartados da revista inseriu recensións sobre libros en galego ou escritos noutras linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Santiago de Compostela no outono de 1989. Dirixida por Lois Rodríguez, contou coa colaboración de Xosé L. Blanco Vila, Xosé Castro, Francisco Conde e J. Víctor Sueiro. Incluíu información sobre rutas de viaxes, turismo, música e libros, e incorporou unha axenda que contiña datos sobre restaurantes, hoteis e outros lugares de ocio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de Xosé Carlos Fernández Díaz editado en 2006 por Ir Indo edicións.El Ferrocarril en Galicia é unha obra única na bibliografía ferroviaria de Galicia, xa que proporciona unha ampla visión do mundo do ferrocarril no país galego. Nela pódese contemplar a construción das liñas existentes, explicacións sobre o retraso na chegada do ferrocarril á nosa Comunidade, ou mesmo a falta de desenvolvemento e competitividade relacionados coa comunicación. Toda a rede ferroviaria descríbese con datos estatísticos (estacións, pontes, túneles, accesos a portos, etc.). Ademais, realiza unha comparativa cos servizos existentes na Galicia de hoxe e os do resto do Estado, poñendo de manifesto o inferior número de relacións externas e internas con respecto a outras comunidades españolas. No capítulo de “Plans recentes” ofrécese ao lector un amplo repaso por multitude de plans frustrados e anulados, substituídos por outros igualmente esquecidos e inútiles. Tamén fala da falta de investimentos, incluso en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de xaneiro de 1860. Desde finais de 1860 ata 1862 tivo unha segunda época. Subtitulouse “Revista de instrución pública, ciencias, literatura, bellas artes e intereses materiales”. Difundiron o proxecto Xosé Agra e Xosé Rodríguez Ruibal, mentres que Xosé Planellas exerceu como director. O seu obxectivo era mellorar o nivel cultural e técnico de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1978. Subtitulada “Voceiro da Emigración Galega en Barcelona”, foi promovida por un grupo de nacionalistas galegos que residían nesa cidade. De natureza política, incluíu colaboracións literarias, tamén cun marcado compromiso político.

    VER O DETALLE DO TERMO