"Eriz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • Antiga parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Pedro que pertencía á xurisdición do mosteiro de Santa María de Oseira. Na década de 1940 foi integrada na parroquia de Parada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena capela rural que debeu ser construída nos primeiros anos do s XIII. O arco triunfal responde a unha tipoloxía que é bastante abundante na zona interior de Galicia (comarcas do Deza e da Ulloa), coas columnas dispostas ante o arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pousarse un hidroavión, un avión anfibio ou unha astronave na superficie da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de amerizar.

    2. Gran colchón de goma e lona ideado cara ao ano 1920 polo alemán Mein para evitar que os navíos que transportaban hidroavións tivesen que deterse para recollelos ao amerizaren aqueles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tordoia baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Presidente de Ecuador de 1916 ata 1920, ocupou o cargo de modo interino trala dimisión de Larrea Alba en 1931. Fundador da revista Guayaquil, foi escritor de novelas simbólicas como Titania (1892), El señor Penco (1895), Tierra adentro, la novela de un viaje (1898) e Sonata en prosa (1901). Cultivou tamén a poesía con títulos como El último adiós (1898), Anhelos y temores (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode caracterizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de caracterizar ou de caracterizarse.

    2. Técnica empregada para informar o receptor sobre aspectos distintivos vinculados cos personaxes ou coas situacións dunha determinada obra literaria. Facilita os medios para imaxinar o universo literario evocado, ao tempo que se refliten as motivacións e as accións dos personaxes. Os procedementos de caracterización evolucionaron co paso do tempo. No teatro clásico e na narrativa anterior ao século XVII, a caracterización estaba fortemente estereotipada, xa que presupuña o coñecemento da psicoloxía de certos tipos, asumida pola tradición e a convención. Non obstante , no século XIX, co realismo e co naturalismo comezáronse a describir minuciosamente as condicións de vida dos personaxes, establecendo un paralelismo entre os seus trazos específicos e o medio no que evolucionaban. Así mesmo, o século XX marcou o desenvolvemento de novas técnicas de caracterización vinculadas ao mundo interior dos protagonistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de caracterizar.

    2. Aplícase ás persoas cando se considera que teñen prestixio ou que están autorizadas para realizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen caracteriza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao que é propio para caracterizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar carácter, pór en evidencia ou constituír o trazo característico dunha persoa ou dunha cousa.

    2. Expoñer ou describir os trazos característicos de algo ou de alguén para individualizalo.

    3. Interpretar un actor un papel de xeito que se recoñeza o personaxe representado.

    4. Pintar ou vestir a un actor para que presente as características do personaxe que ten que representar.

    5. Posuír uns trazos característicos determinados.

    6. Adquirir unha aparencia física determinada que encarne un personaxe concreto, ao que se quere representar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (1.105 h [1996]). Situado na aba dun outeiro, orixe do asentamento do que toma o nome, o seu plano resólvese ao longo dunha rúa principal que coincide co Camiño de Santiago. Do seu patrimonio monumental destacan a colexiata de Santa María del Manzano, templo gótico do s XIII, situado á entrada da vila; a igrexa parroquial de Santo Domingo; e a igrexa de San Juan, gótica do s XIV. Nos tempos de maior esplendor da peregrinación a Compostela chegou a contar con sete hospitais. No mes de xullo celébrase a festa do allo. A súa condición xacobea levouno a irmandarse co concello de Melide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cauterizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen cauteriza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queimar un tecido orgánico mediante un cauterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polimerización de adición de dous ou máis monómeros diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polimerizar dous ou máis monómeros distintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cauterización por conxelación local. Mediante o uso de substancias crioxénicas, como o dióxido de carbono ou o nitróxeno líquido, pódense tratar lesións inflamatorias, cicatriciais e dexenerativas.

    VER O DETALLE DO TERMO