Baquerizo Moreno, Alfredo

Baquerizo Moreno, Alfredo

Político e escritor. Presidente de Ecuador de 1916 ata 1920, ocupou o cargo de modo interino trala dimisión de Larrea Alba en 1931. Fundador da revista Guayaquil, foi escritor de novelas simbólicas como Titania (1892), El señor Penco (1895), Tierra adentro, la novela de un viaje (1898) e Sonata en prosa (1901). Cultivou tamén a poesía con títulos como El último adiós (1898), Anhelos y temores (1899).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Guayaquil

  • Deceso

    Lugar : Nova York