"Esparta" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Provincia eclesiástica Cartaxinense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (520-490 a C). Membro da dinastía dos Áxidas, buscou a consolidación da hexemonía espartana en Grecia. Á fronte dun exército espartano axudou a expulsar a Hipias de Atenas (510 a C) e mantivo o partido aristocrático ateniense oposto a Clístenes. No ano 500 a C negouse a axudar aos xonios contra os persas. Enfrontado co seu colega Demarato, depúxoo valéndose dun oráculo pero, ao descubrirse a fraude, tivo que exiliarse. Chamado outra vez polos espartanos, toleou e suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Esparta (236-219 a C). Continuou a política do seu predecesor Axis IV, co restablecemento das leis de Licurgo, coa represión do luxo e a imposición dunha férrea disciplina. Ocupouse tamén de reformar o exército e nomeou cidadáns de pleno dereito a 4.000 periecos, entre os que repartiu terras. Envelenou o seu colega e nomeou o seu irmán Euclides para compartir a monarquía. Tentou controlar a Liga Aquea e, logo da vitoria de Megalópolis (227 a C), tomou as cidades de Argos e Corinto (223 a C), pero foi vencido en Selasia (221 a C). Fuxiu a Exipto, onde foi encarcerado por Ptolomeo IV Filopátor e logo suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós de Laconia, situada no Peloponeso, Grecia, na marxe dereita do río Evrótas (12.975 h [1981]). Na época micénica a rexión estaba habitada polos aqueos, que fundaron a primeira cidade a mediados do II milenio a C. No s XII a C o territorio espartano foi invadido polos dorios e a partir do s X, trala fusión das poboacións dorias de cinco aldeas (Kynosura, Limnai, Mesoa, Pitane e máis tarde Amyclas) acadou unha posición de predominio sobre o Peloponeso pola súa organización militar. Dende o s IX a súa estrutura organizouse ao redor de cinco tribos territoriais (obes), ás que pertencían os distintos individuos segundo o lugar de residencia. Por enriba das obes, existían dúas familias que constituían as dinastías que rexían simultaneamente o Estado: os Áxidas, aqueos, e os Euripontidas, dorios. Despois de asegurar o seu dominio sobre Laconia, dende mediados do s VIII a C emprendeu unha política expansionista cos seus veciños (Arcadia e Mesenia) para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico “Antiguerrero e antifascista”, voceiro da Federación de Estudiantes contra la Guerra y el Fascismo, que tirou do prelo o seu primeiro número o 15 de decembro de 1935 en Ourense. De carácter xuvenil, antimilitarista e unitario, nel participaron membros das Mocedades Galeguistas locais, como Luís Taboada, do PCE, e Eugenio Villot; ademais de sinalados militantes do POUM, como Armando, Mario e Cándido Fernández Mazas, que colaborou no deseño da cabeceira. A redacción estivo no local do Centro Obrero e coñécese a existencia de cando menos 5 números ata comezos do verán de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do grego Spártakos (Σπάρτακος), a través do latín Spartacus. Levou este nome o escravo tracio que liderou a rebelión contra o Estado romano a finais do s I a C e que se converteu en símbolo da loita do home pola liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe dos escravos sublevados. Liderou unha revolta na escola de gladiadores de Capua (73 a C) e fuxiu con algúns compañeiros. Incitou os numerosos escravos dos latifundios da Italia meridional a unirse á súa rebelión e incrementou as súas forzas con campesiños libres que perderan as súas terras e veteranos do exército descontentos pola súa situación. Derrotou os lexionarios de C. Claudio Gabrio, dúas lexións do pretor Varilio e asentouse na Campania. Iniciou unha marcha cara ao N, co obxectivo de abandonar Italia, durante a que arrasou numerosas cidades. Malia que derrotou a Casio Longio Varo preto de Módena, volveuse cara ao S e chegou a Lucania. Derrotou a Mummio, legado de Licinio Craso no outono do 72 a C, pero foi cercado polas lexións. Malia que fuxiu en febreiro do 71 a C e derrotou de novo os romanos, as tropas conxuntas de Craso e Pompeio vencérono na Batalla de Silaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación herbácea xerofítica na que predomina o esparto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Esparta ou aos seus habitantes.

    2. Que presenta calidades semellantes ás dos antigos espartanos como a severidade ou a austeridade.

    3. Natural ou habitante de Esparta.

    4. Individuo do pobo espartano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político de carácter revolucionario xurdido en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial, liderado por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg. Constituíuse arredor do Spartakusbund (Liga de Espártaco), grupo disidente do partido socialdemócrata alemán e oposto á guerra. O nome procedía da edición das Spartakusbriefe (Cartas de Espártaco), publicadas en xaneiro de 1916. Convertéronse en partido socialdemócrata independente (USPD, 1917) e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Partido Comunista alemán (KPD). En xaneiro de 1919 constituíuse en Berlín un comité revolucionario que deu lugar ao levantamento espartaquista que se estendeu por Hamburgo, Bremen, Saxonia, Magdeburgo e Sarre. O movemento foi reprimido e os seus líderes, Luxemburg e Liebknecht, asasinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espartaquismo.

    2. Seguidor do espartaquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fracción disidente do Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), liderado por Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht e oposta á Primeira Guerra Mundial. Constituíu o Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands (USPD) en 1917 e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Kommmunistische Partei Deutschlands (KPD).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado insular de Venezuela (1.150 km2; 377.700 h [estim 2000]). A súa capital é La Asunción (20.503 h [1995]). Comprende as illas Margarita, a máis grande e onde se atopa a capital, Coche e Cubagua. O clima é tropical. A poboación vive concentrada no litoral de Margarita. A actividade principal é a pesca (ostras perleiras) e a agricultura, onde destacan os cultivos de millo, cana de azucre, cocos, bananas e patacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estadista espartano. Foi éforo e elaborou unha gran parte da constitución que se lle atribúe a Licurgo. Atribúeselle a militarización da vida civil de Esparta e a educación castrense da xuventude. Foi autor do aforismo “Non desexes o imposible” e compuxo poesía con métrica elexíaca. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO