"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Esteroides androxénicos formados no córtex suprarrenal a partir do cortisol e nos testículos a partir da testosterona. Teñen dezanove átomos de carbono e un grupo cetona en posición 17. Elimínanse polos ouriños e a súa valoración permite estudar as funcións testicular, corticosuprarrenal e hipofisiaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘sensación’, ‘sensibilidade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dinamarqués romántico. A súa obra, editada postumamente en 1877 por Ch. Winther, Samlede Digte (Poesías completas), manifesta un gran dominio da lingua e revélao como gran poeta erótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquela sucesión na que non hai testamento ou o herdeiro que nela exerce os seus dereitos.

    2. Procedemento xudicial destinado a custodiar os bens de quen morreu sen deixar testamento, co fin de esclarecer quen son os seus herdeiros legais, para adxudicar os bens do defunto e administralos ata facer entrega deles aos herdeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olverse bruto ou facerse semellante a unha besta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi Arcediago de Ledesma (Salamanca), Capelán do Papa Alexandre IV e Bispo de Urgell. Escribiu un Diálogo métrico en dísticos latinos que foi publicado no tomo IV dos Analecta de Mabillon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • National Academy of Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundador mítico da antiga cidade de Segesta (Sicilia), que axudou a Eneas cando este fuxía de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda do sentido do movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade de sentir os estímulos dunha punción sen percibir a dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio bilateral, asinado en 1988, para crear unha zona de libre comercio, entre o Canadá e os EE UU. No ano 1992, os dous membros e México acordaron crear a North American Free Trade Agreement (NAFTA), tamén zona de libre comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que representa o conxunto dos estados de África, o Caribe e o Pacífico, que, en número de sesenta e nove, están asociados á Comunidade Europea pola sinatura dos convenios de Lomé (1975, 1979, 1984). A maioría son antigas colonias dos estados membros da Unión Europea e a súa estructura económica está subdesenvolvida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor das extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía na percepción das sensacións (parestesia) que se manifesta nas extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Himno relixioso propio do Nadal. Foille atribuído a J. F. Davoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de adestrar.

    2. Dise cando as pezas ou figuras se poñen á dereita da peza principal do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a aprenderlles aos deportistas os fundamentos dunha disciplina deportiva, programar a súa preparación física e formular a táctica a desenvolver durante a competición. No deporte profesional, un adestrador pode realizar todas ou só algunhas destas funcións, sendo habitual que se reserve as relativas aos aspectos técnico e táctico, delegando noutros colaboradores as relacionadas coa preparación física. Mantén neste caso só unha función de supervisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de adestrar ou adestrarse.

    2. Exercicios realizados con animais, especialmente con cans, coa intención de que realicen movementos ensaiados, que localicen persoas soterradas ou para atopar mercadorías delitivas, etc.

    3. Sesión na que os deportistas executan exercicios para o mantemento da súa forma física e a mellora da técnica e táctica individual e colectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar a algunha persoa ou animais co fin de aprender ou mellorar nunha técnica ou comportamento.

    2. Amestrar os animais domésticos destinados á caza.

    3. Familiarizar os soldados novatos cos perigos e as fatigas da guerra.

    4. Practicar as destrezas técnicas propias de cada especialidade deportiva ou, simplemente, executar exercicios destinados ao acondicionamento físico cara a unha competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica e práctica que permite o voo de aparellos mediante o emprego de balóns de gases menos pesados que o aire (aerostatos). Na obra de Francesco de Lana (1631-1687) Podromo overo saggio di alcune invenzione nuove, descríbese un proxecto de aeronave baseada no principio de Arquímedes e cunha forza ascensional que había de proporcionar unhas esferas de cobre baleiras de paredes moi finas. Aínda que a idea da esfera baleira era teoricamente válida, a imposibilidade de encontrar un material suficientemente lixeiro, e tamén, suficientemente resistente para impedir que a esfera fose estropeada pola presión atmosférica, fixo inviable a idea de Lana. Se ben Tiberio Cavallo comunicou, en 1871 na Royal Society de Londres, os experimentos con burbullas de xabón e con vexigas de animais cheos de hidróxeno. Foron os irmáns Joseph e Etienne de Montgolfier os que, tendo observado a diminución da densidade do aire cando se quenta, construíron un montgolfier duns 12 m de diámetro...

    VER O DETALLE DO TERMO