"Euskadi" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei orgánica que lle outorgou a autonomía a Euskadi. Coa chegada da Segunda República elaborouse o primeiro proxecto de estatuto de autonomía, coñecido como Estatuto de Estella, localidade onde foi aprobado o 14 de xuño de 1931, por unha representación dos concellos de Araba, Guipuzkoa, Nafarroa e Bizkaia, e aprobado en referendo en 1933. O estatuto que definitivamente se aprobou en outubro de 1936 era moito máis breve e tiña un nivel de competencias autonómicas bastante inferior. O texto aprobado creaba a rexión autónoma de Euskadi con xurisdición sobre as provincias de Araba, Guipuzkoa e Bizkaia, sen mencionar sequera a posible incorporación de Nafarroa. As atribucións e a distribución das competencias entre os órganos autonómicos e o poder central eran semellantes ás do estatuto catalán. José Antonio Aguirre, líder do Partido Nacionalista Vasco, foi proclamado presidente do goberno vasco o 7 de outubro. A ofensiva do xeneral Mola acabou coa autonomía en Euskadi ao tomar Bilbao en xuño...
-
ENTRADA LARGA
Comunidade Autónoma de España, na costa do Mar Cantábrico, entre os Pireneos e a Cordilleira Cantábrica (20.500 km2; 2.098.055 h [1996]). Limita ao N co Mar Cantábrico, ao O con Cantabria e Castela e León, ao S con La Rioja e ao L con Navarra e Francia. Está integrada polos territorios de Araba, Gipuzkoa e Bizkaia. A súa capital é Vitoria-Gasteiz.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo de Euskadi caracterízase polo predominio dos vales encaixados, o que o converte en moi accidentado. Distínguense tres grandes rexións: Pireneos, Montañas Vascas e a depresión do Ebro. Os Pireneos occidentais presentan un eixe descontinuo, que vai perdendo altitude de L a O, con numerosos ríos encaixados en montañas de pendente pronunciada pero de pouca altitude. A depresión do Ebro, de orixe oligocénica, comprende tamén a La Rioja e Navarra. As montañas do interior marcan a liña de separación entre os territorios de Gipuzkoa... -
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición electoral vasca constituída por diferentes grupos da esquerda, de liña marxista-leninista, para concorrer ás eleccións xerais de 1977. Conseguiu situar a dous dos seus líderes más destacados (M. Onaindía e Juan M. Bandrés) no Congreso de los Diputados e no Senado respectivamente e evolucionou posteriormente cara a teses máis próximas ao eurocomunismo. En 1982 negociou co Ministerio do Interior a situación xurídica de militantes de ETA-PM que renunciaban á loita armada. En xaneiro de 1993, o Partido Socialista de Euskadi e Euskadiko Ezkerra acordaron a fusión de ambos os partidos formando un novo coas siglas PSE-EE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo firmado o 12 de xaneiro de 1988 en Vitoria-Gasteiz por Alianza Popular, Centro Democrático y Social, Euskadiko Ezkerra, Partido Nacionalista Vasco e Partido Socialista de Euskadi-PSOE. Nos 17 puntos dos que consta, os asinantes rexeitaron o uso de violencia e fixaron a erradicación do terrorismo como obxectivo común fundamental da acción de todas as institucións e forzas políticas. Destacaron a figura do Estatuto de Gernika como marco xurídico que debe utilizar a sociedade vasca para acceder ao autogoberno e regular a sua convivencia pacífica.