"Exipto" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Antiga cidade do Baixo Exipto, citada xa polos historiadores da Grecia clásica. Correspónde co actual Qa ṣ r al-Šhām, barrio do centro histórico do Cairo (al-Fustāt). Os romanos, que a chamaron Babylon, situaron, en tempos de Augusto, unha das tres lexións de Exipto. Foi conquistada polo Califa ‘Umar no ano 641. O nome mantívose durante a Idade Media en Occidente como sinónimo do Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade do Baixo Exipto, citada xa polos historiadores da Grecia clásica. Correspónde co actual Qa ṣ r al-Šhām, barrio do centro histórico do Cairo (al-Fustāt). Os romanos, que a chamaron Babylon, situaron, en tempos de Augusto, unha das tres lexións de Exipto. Foi conquistada polo Califa ‘Umar no ano 641. O nome mantívose durante a Idade Media en Occidente como sinónimo do Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O do brazo occidental do Nilo e ao S de Alexandría (10.130 km2; 3.973.000 h [estim 1995]). A capital é Damanhūr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África Setentrional, que limita ao N co Mar Mediterráneo, ao NL con Israel, ao L co Mar Vermello, ao S con Sudán e ao O con Libia (1.001.449 km2; 65.257.000 h [estim 2000]). Esténdese entre os 22° e os 32° de latitude N e os 25° e 36° de lonxitude L. A súa capital é O Cairo.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    No relevo de Exipto distínguense catro rexións: o val do Nilo, o deserto de Libia, o deserto Arábigo e a península do Sinaí. O val do Nilo atravesa todo o territorio de N a S e está formado polos aluvións transportados polo río. No Cuaternario, a inundación do val e da costa mediterránea orixinou o delta do Nilo, onde antes existía un golfo. O deserto de Libia, ao O do Nilo, constitúe un altiplano dividido pola depresión salina de Qa ṭṭ āra e cunha altitude media que diminúe cara ao N. O deserto Arábigo esténdese entre o val do Nilo e o Mar Vermello, constituído por unha serra costeira de materiais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ersado en exiptoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia o Antigo Exipto. Ten como obxectivo o descubrimento dos materiais desta civilización e o seu estudo e publicación (arqueoloxía); a análise, edición e tradución dos textos (filoloxía); a síntese histórica dos coñecementos obtidos (historia) e a conservación dos materiais, in situ ou en establecementos adecuados (museoloxía). Naceu a finais do s XVIII e contou dende os seus inicios coa dificultade de penetrar no val do Nilo, protexido polos musulmáns, e co descoñecemento da escritura exipcia. A expedición de Napoleón de 1798 abriu o camiño ás investigacións e permitiu a creación de coleccións nos museos europeos. Os estudiosos que acompañaron a Napoleón recolleron as súas investigacións en La description de l’Égypte. Pódense establecer distintas etapas no estudo do mundo exipcio; a primeira estendeuse entre 1822 e 1858. Un dos primeiros estudiosos do mundo exipcio foi John Gardner Wilkinson (1797-1875), quen comezou en 1821 as escavacións de Tebas e escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Exipto (1936-1952) e do Sudán (1951-1952), fillo e sucesor de Fu’ad I. O seu goberno tentou o equilibrio entre as intervencións británicas e as aspiracións do Partido Nacionalista Wafd. O descontento pola corrupción do goberno e o fracaso na guerra contra o Estado de Israel provocaron a creación do movemento dos Oficiais Libres que forzaron a abdicación do rei (1952) no seu fillo Fu’ad II e o seu exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Exipto (1922-1936). Sucedeu o seu irmán Husayn Kamāl e en 1922, proclamada a independencia do país, adoptou o título de rei. Aínda que exerceu un goberno ditatorial, tivo un importante papel no renacemento cultural exipcio. Foi acusado de anglófilo, especialmente polo seu enfrontamento co Partido Nacionalista Wafd.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s IV) Mártir. Foi perseguido durante o mandato do Emperador Galerio (305-311) e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 4 ou o 7 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paxá de Exipto, neto de Mu ḥ ammad ‘Alī. Opúxose á europeización do país pero permitiu aos británicos a construción do ferrocarril do Cairo con Alexandría. Mantivo boas relacións con Turquía e estivo do seu lado na Guerra de Crimea (1854-1855), durante a cal morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Kedive de Exipto dende o ano 1892. Durante o seu goberno as tropas anglo-exipcias conquistaron o Sudán (1898). Os británicos destituírono no 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO